24ª edición da tradicional Feira de Produtos do Campo e Artesanía da Milagrosa

Fecha 17-09-2021 a 19-09-2021
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

A Asociación de Veciños Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa que preside Jesús Vázquez Varela organiza este ano a 24ª edición da tradicional Feira de Produtos do Campo e Artesanía da Milagrosa, que se leva celebrando dende o ano 1998.

En anos anteriores dita feira realizábase na data que coincide co San Isidro, en maio, mais por mor da pandemia do Covid-19 celebrarase máis tarde, concretamente se prevé para os días 17,18 e 19 de setembro de 2021.

O San Isidro é un resumo das feiras da provincia de Lugo. Veñen expositores da propia cidade, do resto das provincias galegas, de Castela e León, Asturias e mesmo de Portugal. Durante os días que se celebre a feira haberá actuacións culturais, festas gastronómicas con degustación de produtos de Lugo e exhibicións de  artesáns.

Para máis información pódese contactar no teléfono: 696 344 939 (Luis Abel, xerente feira). E en horario de oficina de 9:00 a 15:00, nos teléfonos: 982 80 16 92  e 982 20 37 21.

Os postos reservaranse por orde de chamada. A capacidade da feira será a que marque a normativa sanitaria no momento da súa realización.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×