Arde Lucus 2023

Fecha 22-06-2023 a 25-06-2023
0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Lvcvs Avgvsti arderá de novo do 22 ao 25 de xuño. Así llo comunicou onte, persoalmente, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, ás asociacións que fan posible esta festa de recreación histórica no transcurso da VIII Cena de confraternización que mantén co colectivo.

A rexedora destacou o momento tan importante no que se atopa a cidade, xa que o Concello presentará este mesmo mes a súa candidatura para obter o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional, logo de ostentar xa o Galego e o Nacional.

“Estamos nun momento importante, xa que desde o Concello de Lugo presentaremos este mesmo mes a candidatura para obter o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional, logo de ostentar xa o Galego e o Nacional”, dixo Méndez.

Un dos motivos polo cal anuncian as datas de maneira temperá é coa finalidade de permitir que o tecido asociativo, os veciños e veciñas, así como a hostalería e o comercio local poidan prepararse e traballar con previsión, planificando eses días.

Este ano seguiranse a potenciar novas actividades para continuar atraendo a milleiros de persoas e convidalas a gozar cos e coas lucenses da transformación que experimenta a capital que, con fidelidade, retrocede no tempo para pór en valor o legado cultural e histórico que posúe.

“O que comezou como unha festa para incentivar o sector da hostalaría do Centro Histórico, cunha duración dunha noite e enfocado principalmente á mocidade, converteuse nunha festa cun elevado compoñente indentitario, patrimonial, cultural, lúdico e de dinamización económica que o fan único en España polo grado de implicación da cidadanía. Ese é, sen dúbida o maior dos seus éxitos”, engadiu. 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Twitter 0 Facebook 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×