Noticias de Hoy
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 30/11/2017 a 03/12/2017

XVII Aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial

O Concello conmemorará o XVII Aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial recreando o inicio da súa construción.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este martes diante da Mosquera os actos conmemorativos do XVII Aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial, que se celebrarán do 30 de novembro ao 3 de decembro en distintos espazos da cidade.

30 de novembro de 2017
20:00 horas. Presentación no Auditorio do Vello Cárcere do poemario de Xosé Otero Canto Muralla, lúa chea imperial.
21:00 horas. Concerto de Lucus Ensemble no patio do Vello Cárcere.

1 de decembro de 2017
19:00 horas. Actuación do coro infantil da Escola Municipal de Música con motivo da inauguración do alumeado ornamental de Nadal, que se celebrará na Praza Maior, diante da Casa do Concello.
21:00 horas. Acto de recreación do inicio da construción da Muralla de Lugo, Moenia Lucensis Civitatis, tamén na Praza Maior, diante da Casa do Concello.
21:30 horas. Acto na Ronda da Muralla, pola zona da Mosquera e cun desfile posterior polo adarve dende o Cantiño ata a Porta de Santiago e polo recinto histórico.

2 de decembro de 2017
20:30 horas. Charla do profesor e historiados Javier Gómez no Auditorio do Vello Cárcere e a continuación realizarase un paseo nocturno pola Muralla.

3 de decembro de 2017
13:00 horas. Actuación do coro de nenas e nenos da Banda Filharmónica de Lugo no patio do Vello Cárcere.