XLIX edición da Semana de Música do Corpus

Fecha 21-05-2022
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

A edil de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, e José Luís Díaz, representante da Sociedade Filarmónica de Lugo, a 49 edición da Semana de Música do Corpus, que este ano terá lugar entre o 21 de maio e o 8 de xuño. A concelleira destacou así a “paixón pola música” que a veciñanza de Lugo demostra ano tras ano ao acudir a estes concertos.

Segundo avanzaron na presentación, este ano realizaránse un total de 9 concertos que incluirán artistas e propostas musicais “de gran calidade artística e prestixio internacional”.

“Mantemos o noso compromiso con todas as manifestacións artísticas, apoiando ao tecido cultural local e favorecendo que a veciñanza de Lugo poida desfrutar de propostas que sen este tipo de iniciativas non sería posible ver en Lugo”, explicou Maite Ferreiro. A edil engadiu “este ano, por primeira vez contaremos cun concerto no auditorio do Conservatorio de Música Xoán Montes, avanzando no achegamento deste centro á cidade”.

Música do Corpus

A XLIX edición da Semana de Música do Corpus achegará 9 concertos de pezas compostas entre os séculos XVII a XX. A entrada aos concertos será gratuíta ata completar a cabida.

PROGRAMACIÓN

21 de maio  – Círculo das Artes – 20:30 h
Accademia del Piacere
Fahmi Alqhai
Les violes du ciel et de l’enfer

25 de maio  – Círculo das Artes – 20:30 h
Trío Castelao
Sons de xuventude

26 de maio – Círculo das Artes –  20:30 h
Sofya Melikyan, piano
Soños, xogos, fantasía… 

28 de maio – Círculo das Artes – 20:30 h
Lucie Horsch, frauta de pico
Orquestra Barroca Vigo 430
Sophie de Bardonnèche, dirección
Concertos para frauta de Bach, Vivaldi e Sammartini

29 de maio – Círculo das Artes –  20:30 h
Ezgi Alhuda, soprano
Ensemble da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG)
Massimo Spadano, dirección
Lieder e cancións de cámara. R. Strauss e G.Verdi

31 de maio – Conservatorio Prof. Música Xoán Montes – 20:00 h
Jorge Jiménez, violín
Rethinking Bach.  As Variacións Goldberg transcritas para violín solo

2 de xuño – Círculo das Artes –  20:30 h
Patagonia Express Trío
Piazzolla: Ruta 100

4 de xuño – Círculo das Artes – 20:30 h
MUSIca ALcheMIca
Lina Tur Bonet, violín e dirección
A Beleza / Biber 1681

8 de xuño – Círculo das Artes –  20:30 h
Carlos Mena, contratenor
Concerto 1700
Daniel Pinteño, violín e dirección
Bello Pastor: Cantadas para castrado na Capela Real

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×