XIX mercado medieval Alfoz 2017

Fecha 14-07-2017 a 15-07-2017
Lugar ,
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

XIX mercado medieval alfoz 2017

Programa de actividades

Venres, 14 de xullo

21:30 HORAS-O Mariscal Pardo de Cela chega a súa fortaleza do Castrodouro para presenciar o desfile de traxes medievais de Reme Espantoso.

A continuación xuízo á meiga Maria Soliña, representado pola compañia de teatro A Adala de Fazouro e a Agrupación de Zumba do Valadouro.

00:00 HORAS- Queimada e conxuro. Escorrentemos as meigas da nosa alma e desfrutemos ao son das gaitas do grupo Leña Verde.

Sábado, 15 de xullo

09:15 HORAS– Ruta de sendeirismo “As fortalezas do Mariscal”, dende a Frouxeira ao Castrodouro, da man de Freixo dos Lobos.

11:00 HORAS– Canta o galo e esperta o Castro. Recende a pan, ecoitase o bater do cicel na pedra e a música da zanfona. Todo esta preparado para volver ao século XV.

11:15 HORAS- Pregón inaugural a cargo de Susi Paz, mentora de ducias de xeracións de rapaces do noso val e fundadora do Grupo Teatral Raiolas.

12:00 HORAS- Pedro Pardo de Cela e Don Fadrique de Guzman, Bispo de Mondoñedo, nomean e bendicen os novos Escudeiros do Castro.

12:30 HORAS- Exhibición de cetrería.

13:00 HORAS-Teatro de monicreques coa obra “Aventura no Castelo”.

13:30 HORAS– Asalto ás tabernas. A tixola da Fonda do Cabaleiro e o forno da Todamira poñen a punto torresnos e chourizos, e viños ata aguantar o asedio.

14:00 HORAS– Tempo para xantar e repousar un anaco degustando os magníficos manxares que podemos atopar nos postos do mercado. Todo isto acompañado de musica de Souto Xímaro.

15:30 HORAS- Chega o monxe menciñeiro do Mosteiro do Freixo, Pedro, con remedios da natureza para toda clase de males.

16:00 HORAS- Tempo para invadir o Prado dos soños e desfrutar cos xogos e desfrutar cos xogos de sempre. Ademais, competicións de tiro á corda, carreiras de sacos e de pipotes.

17:00 HORAS– Exhibición de cetrería.

18:00 HORAS- Ruada da Irmandade de Tambores do Bispo Ramiro II de Mondoñedo.

18:45 HORAS- Torneo de cabalos.

19:30 HORAS- Percura do segredo do Mariscal.

19:45 HORAS- Ruada da Irmandade de Tambores do Bispo Ramiro II de Mondoñedo.

20:00 HORAS- Pausa na Todamira e na Fonda do Cabaleiro para coller folgos.

20:30 HORAS-Teatro. Mircromina Títeres presenta a obra “Gyrovâgus”.

22:00 HORAS- Gran cea medieval. Mazá, empanada, xamón, chourizo, pan e viño.

23:30 HORAS– Escenificación “As sete almas do Mariscal” e Queimada.

00:45 HORAS- Concerto de Zurrumalla.

 

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×