Noticias de Hoy
presentacion
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 24/05/2019 a 25/05/2019
Horario: 01:00 a 01:00

Trama fai 22 anos con dúas presentacións e un club de lectura en Lugo

Trama fai 22 anos con dúas presentacións e un club de lectura en Lugo.

O vindeiro día 24 de maio facemos 22 anos na librería Trama e acolleremos varios actos para celebralo.

- Venres 24 de maio ás 17:30, xuntanza do Club de lectura LugoPatrimonio. Nesta ocasión a charla xirará ao redor do libro Seiqué, de Susana Sánchez Arins, editado por Através.


 - Venres 24 de maio ás 19:30 presentación de Fornelos & Fornelos: a terceira fundación, de Xerardo Quintiá, editado por Xerais.

Con este libro o autor gañou o VII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey.

No acto o autor estará acompañado por Darío Xohán Cabana, e Fran Alonso.


- O sábado 25 de maio, ás 12:30h, terá lugar a presentación de Sándalo, a nova novela de María Xosé Porteiro, editada por Galaxia. Acompañando á autora estarán Luz Darriba, Martín Fernández Vizoso e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.

fornelos