Noticias de Hoy
tecnoveran
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 03/07/2017 a 01/09/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Tecno Verán en Lugo

Tecno Verán en Lugo

O Concello ofrece este verán 120 prazas en oito cursos gratuítos de novas tecnoloxías nas aulas CEMIT
A Concelleira de Concello e Cidadanía presentou a programación Tecno Verán, dirixida a todas as idades, que se desenvolverá entre os días 3 de xullo e 1 de setembro

As persoas interesadas poden inscribirse no Edificio de Novas Tecnoloxías

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou este martes Tecno Verán, o programa de actividades que organizou nas aulas CEMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica), situadas nos centros de convivencia María Balteira e O Castiñeiro, para este tempada estival. Ofrecerá 120 prazas en oito cursos gratuítos sobre novas tecnoloxías, dirixidos a todas as idades.

Os cursos terán lugar de luns a venres, cun máximo de 15 prazas.

Na aula de María Balteira terán lugar os seguintes:
Iniciación á Informática para nenas e nenos, con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos, en horario de 10:00 a 13:00 horas, en datas do o 3 ao 14 de xullo.
Edición de Fotografía e Vídeo para nenas e nenos, de 8 a 14 anos. De 10:00 a 13:00 horas, dende o 17 de xullo ao 1 de agosto.
Iniciación Openoffice, dende os 14 anos en diante, horario de 10:00 a 13:00 horas, dende o 7 ao 22 de agosto.
Aprende a Usar a túa Tablet, a partir dos 14 anos, de 10:00 a 12:00 horas, dende o 28 de agosto at ao 1 de setembro. É necesario dispoñer dunha tablet.

Na aula do Castiñeiro impartiranse as seguintes actividades:
Iniciación á Informática para nenas e nenos (nivel 0). En horario de 10:00 a 13:00 horas, dende o 3 ao 14 de xullo.
Edición de Fotografía e Vídeo para nenas e nenos, de 10:00 a 13:00 horas, dende o 17 de xullo ao 1 de agosto.
Iniciación Openoffice, a partir do 14 anos, de 10:00 a 13:00 horas, dende o 7 ao 22 de agosto
Aprende a Usar a túa Tablet, a partir do 14 anos, de 10:00 a 12:00 horas, dende o 28 de agosto ata o 1 de setembro, sendo necesario dispoñer dunha tablet.

O máximo de alumnos será de 15, establecéndose en 8 o mínimo para celebrarse cada un dos obradoiros.

As persoas interesadas poden formalizar a inscrición no Edificio de Novas Tecnoloxías, ata as 20:00 horas do xoves da semana anterior á celebración do curso elixido. Cada persoa so se poderá inscribir en dous cursos. Só no caso en que queden prazas baleiras poderase admitir a inscrición en máis de dous obradoiros.

O acceso aos cursos será por sorteo, a celebrar ás 11:00 horas do día seguinte ao peche da inscrición. A lista de admitidos poderase consultar na páxina web do Concello www.lugo.gal, no centro de referencia ou no teléfono de información municipal 010.