Noticias de Hoy
Fecha: 05/10/2014

Sés

Concierto de Sés en las Fiestas de San Froilán 2014 de Lugo.

No 2011 publícase ‘Admirando a condicion’, o primeiro traballo discográfico de María Xosé Silvar (ou Sés, como lle chaman “na casa”). Encabezados polo single ‘Rolling Stone’, son en total dez temas gravados con toda a banda, cos metais, os coros e a impoñente voz de Sés que conseguen un son a cabalo entre os ritmos americanos e a música latina. ‘Admirando a condición’ conta cun undécimo corte extra gravado co formato acústico co que Silvar adoita actuar acompañada do guitarrista Tito José Calviño.

Formada na música e no baile tradicional, María Xosé Silvar é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso ACoruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. Despois de máis de 30 concertos por toda Galicia con Chámalle Xis! tamén colabora con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz e xa como Sés con Budiño e tamén aparecendo en homenaxes de grupos coma Os Resentidos, Zeca Alfonso, ou participando no Festival de Cans (2012) e en Cantons na Maré (2013)