Presentación do ensaio Re Pensar a democracia en Lugo

Fecha 29-06-2017
Hora 19:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Presentación de “[Re] Pensar a Democracia”

Data: xoves 29 de xuño

Hora: 19.00

Lugar: librería Trama

O próximo xoves 29 de xuño, ás 19 horas, na Libraría Trama, terá lugar a presentación do ensaio [Re] Pensar a Democracia, da editorial OBenComún.

No acto estarán presentes Iñaki García, Victoria Esteban, Xoán Hermida, Juan Carlos Fernández Naveiro e Luis Villares.
O foro de pensamento renovador OBenComún lanza con este o 4º titulo do seu selo editorial. “[Re]Pensar a Democracia” volve ser unha obra coral, ao  igual que o anterior titulo “Ecoloxismo Político: Olladas desde Galicia”, adicado ás cuestións relacionadas coa reinterpretación da democracia en clave de radicalidade participativa e rexeneración ética.

Este libro, pensado para achegar reflexións sobre a democracia, a radicalidade e os seus  límites, xestouse cara a finais de 2015. Nese momento viviamos o entusiasmo que producía a comprobación práctica de que o movemento cidadanista impulsaba plataformas de cambio real nun momento político que situaba o factor democrático no centro da súa construción paradigmática, dándolle máis preponderancia ao eixo arriba/abaixo, centrando a axenda política na rexeneración dun modelo atrapado na lama da corrupción e valorando a radicalidade democrática diante doutros aspectos agora máis secundarios.

Capítulos e autoras:

– Filosofía da democracia (Juan Carlos Fernández Naveiro)

– Proceso constituínte e nova democracia (Xoán Hermida González)

– Rescatar a democracia desde os concellos do cambio (Laia Ortiz Castellví e Sergio de Maya García)

– Todo o trabalho é produtivo: economias de abundância e da sobriedade (Teresa Cunha)

– Os movementos veciñais e o dereito á cidade nunha democracia participativa (Luís Villares Naveira)

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×