Proxección en Lugo: As Encrobas. A ceo aberto

Fecha 7-06-2017
Hora 20:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Proxección en Lugo: As Encrobas. A ceo aberto.

Cultura do País conmemora o 40 aniversario da loita da parroquia das Encrobas (1977) contra as expropiacións forzosas para a construción dunha mina de carbón, un dos episodios máis relevantes de mobilización labrega e popular do posfranquismo. O evento, que terá lugar o vindeiro mércores 7 de xuño a partir das 20:00 hs. no Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, 1-baixo 5), consistirá nun videoforo coa proxección do documentario ‘As Encrobas. A ceo aberto’ (2007), de Xosé Antón Bocixa.

A proxección do documentario irá acompañada dun coloquio no que participarán o director do documentario e máis a profesora de Antropoloxía Social da Facultade de Humanidades da USC Elena Freire Paz.

‘As Encrobas. A ceo aberto’ narra a historia que viviron e viven veciños das Encrobas (Cerceda) desde o momento en que se propón a extracción de carbón enterrado debaixo dun gran e fértil val. Pretendíase, co apoio do réxime franquista, a expropiación de terras para que Unión Fenosa explotase a mina. Tralo conflito chegou un acordo que só foi parcialmente respectado. Corenta anos despois, case mil persoas tiveron que abandonar o val.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×