Proxección en Lugo: El Silencio de Otros

Fecha 27-02-2020
Hora 20:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Proxección en Lugo: El Silencio de Otros.

O vindeiro xoves 27 de febreiro ás 20h no Auditorio do Vello Cárcere de Lugo terá lugar, organizada polo grupo de Lugo de Amnistía Internacional, a proxección do documental El Silencio de Otros.

El Silencio de Otros revela a loita silenciada das vítimas do longo réxime de Francisco Franco, que continúan buscando xustiza ata os nosos días. Filmada ao longo de seis anos, cun estilo de cinema directo e intimista, a película acompaña ás persoas sobreviventes do réxime a medida que organizan a denominada “Querela Arxentina” e confrontan un “pacto do esquecemento” sobre os crimes que padeceron.

O documental gañou máis de 35 premios internacionalmente, incluídos o Goya á Mellor Longametraxe Documental (2019), o Premio Platino a Mellor Película Documental (2019), o Premio do Público ao Mellor Documental e o Premio da Paz na Berlinale, o Gran Premio do Xurado en Sheffield Doc/ Fest (GB), o Premio do Público en Tesalónica, o Premio de Xustiza Social en Hamptons Film Festival (EEUU), O Premio ao Mellor Documental en Encounters (Sudáfrica) e foi número 2 do público en IDFA (Holanda). Foi nomeado como Mellor Documental Europeo polos Premios de Cinema Europeo 2018 e entrou na shortlist dos Oscars 2019.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×