Presentación de As Cicatrices do Sol de Luís Valle

Fecha 3-06-2015
Hora 20:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

9788478246465

Este mércores, día 3 de xuño ás 20.00, preséntase na librería o ultimo Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía que recibiu o autor lugués Luis Valle, polo seu libro As Cicatrices do Sol.

No acto estará acompañado polo tamén poeta Isidro Novo.

O libro está editado por Sotelo Blanco.

“A poesía nunca debe gañar aos puntos. A poesía que paga a pena ler é coma eses marrazos de dereita que varren o sentido, ou te secuestra impedindo que fagas cousa ningunha que non sexa fatigar un verso tras outro ou se non é ganga desaproveitable.

E sa vertixe do aviador en caída libre foi a que sentín cando lin As cicatrices do Sol. A buxola virou tola, como se o norte magnético da agulla crítica decidise converterse nun dervixe en transo e non importase nada que non fose o arrebato da poética visionaria, a forza descomunal das imaxes roxas coma brasas que palpitan, ardentes, nos versos de Luís Valle.

Hai neste libro derregos ocultos que só vence a tenacidade. Unha álxebra simbólica tece arredor do poema unha mesta arañeira de significantes implementados, que apuntan en múltiples direccións de sentido. A cifra do que se di ancora nunha sistemática transinterpretativa que escurece a hermenéutica convencional.

Todo o que se di pecha e abre círculos nunha espiral que metamorfosea en cinta de Moebius para soldar o multiverso da escrita.”

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×