Presentación da novela O demo e eu en Lugo

Fecha 28-06-2017
Hora 19:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Presentación da novela O demo e eu en Lugo

Presentación de “O Demo & Eu”

Data: mércores 28 de xuño

Hora: 19.00

Lugar: librería Trama

O próximo mércores 28 de xuño, as 19 horas, na Libraría Trama, terá lugar a presentación da novela gráfica “O Demo & Eu”, a cargo de Verónica Martínez e Vicente Fernández, da editorial Novovinilo Edicions.

Baixo a premisa de que o libro é o novo vinilo, esta nova editorial trae a Galicia e ao galego a historia do maior cantante de Delta Blues de tódolos tempos, Robert Johnson, o home que, segundo a lenda, vendeu a alma ao demo en troco da fama, nunha novela gráfica especial e diferente, muda e sonora, do xenial Alcimar Frazao.

Sen deixar de lado a oportunidade de desfrutar dos últimos exemplares da case esgotada edición da primeira novela da editorial, “O Enigma de Qaf”, de Alberto Mussa, os representantes de Novovinilo tamén darán a coñecer os futuros proxectos,  nos que buscan seguir sorprendendo ao lector polo contido e gusto das obras, e pola calidade dos seus autores e da tradución ó galego, 

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×