Pre-ESTREA MUNDIA de PÍNCONÚS en Lugo

Fecha 16-11-2019 a 17-11-2019
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

 

Pre-ESTREA MUNDIA de PÍNCONÚS en Lugo.

Tal como vos adiantamos hai algún tempo, os días de 16 e 17 deste mes o Local Hipócrita acollerá a Pre –ESTREA MUNDIAL!!  de “PÍNCONÚS”.

PÍNCONÚS”, da compañía do mesmo nome, promovida por Carlos Coira, é unha comedia musical para toda a familia.

Un día calquera, unha estación de tren, tres persoas que queren viaxar, unha taquilleira que vén e vai… Estación de orixe: Aquimesmo. Destino: Pínconús, ese lugar ó que todos queren ir pero moi poucos de atreven. Unha espera de absurdos encontros e desencontros mentres o tren está por chegar”.

Ana CarreiraCarlos CoiraCarlos Rebolo e Marga Portomeñe forman o elenco. O texto e a dirección corren a cargo de José Campanari e a música de Piti Sanz.

Podedes reservar xa as vosas entradas (ó prezo de 5€) enviando un correo a:  hipocritateatro@gmail.com. Non olvidedes especificar a que función das 3 programadas queredes asistir:

1º Pre-ESTREA MUNDIAL!!: sábado 16 ás 18h

2º Pre-ESTREA MUNDIAL!!: domingo 17 ás 12:30h

3º Pre-ESTREA MUNDIAL!! domingo 17 ás 18h

Se queredes viaxar a Pínconús, agardámovos no andén da estación!  (R/ Doutor Gasalla 18 baixo dereita)

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×