Paseo guiado polo Lugo menos coñecido: Especial San Lázaro

Fecha 28-03-2020
Hora 17:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Paseo guiado polo Lugo menos coñecido: Especial San Lázaro.

Hai pouco tempo os amigos da asociación “Unidos polo Camiño” do barrio da Ponte puxéronse en contacto conmigo sabendo do meu amor por un barrio que, aínda que non é o meu, anda cerca. De momento lanzamos esta idea para o 28 de marzo: un capítulo especial dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido adicado a un barrio histórico de Lugo… nas súas festas! Desexando que moitas persoas do mundo veñan esa fin de semana a Lugo para descubrir unha das zonas máis bonitas e patrimonialmente ricas da nosa cidade. Animámosvos a aloxarvos no propio barrio e desfrutar das celebracións durante toda a fin de semana! En caso de chegar ó límite de inscritos, faremos un segundo paseo con día e hora a concretar (sempre dentro desa fin de semana).

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×