Os Sons do Patio 2018 de Lugo. Verán no Vello Cárcere

Fecha 26-07-2018 a 15-09-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Os Sons do Patio 2018 de Lugo. Verán no Vello Cárcere.

  • O patio central deste centro sociocultural acollerá 4 actuacións, de entrada libre.
  • Sons de música clásica, soul, jazz, swing xitano e funny jazz compoñen esta programación, que arrinca o 26 de xullo.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este mércores o programa de concertos para as cálidas noites de verán no Vello Cárcere. Trátase de 4 actuacións, que se celebrarán no patio central deste centro sociocultural, cuxa entrada é libre, ata completar cabida.

Serán todas a partir das 21:00 horas.

O primeiro dos concertos terá lugar o xoves, 26 de xullo, a cargo de Voluta Duet, un dúo de violenchelo e guitarra clásica que ofrecerá un repertorio de bandas sonoras e adaptacións.

A segunda actuación celebrarase o 1 de setembro. Iria Estévez presentará Camiños do fado, xunto a Gonzo Piña á guitarra. Será un espectáculo de fado e cantiga galega.

Unha semana máis tarde, o 8 de setembro, será a quenda da coñecida como música negra, unha idea entre o soul e o jazz. Belén Taje poñerá a voz e Maritxinha o baixo eléctrico.

O ciclo pecharao Xavier Mera xunto a David Reguerio o 15 de setembro, que presentarán un repertorio de swing xitano e funny jazz. Carmen Basadre convidou a toda a cidadanía, luguesa e visitantes, a asistir a esta programación distinta, que impulsa un tipo de música menos comercial nun espazo distinto e acolledor, como é o Vello Cárcere.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×