Noticias de Hoy
Anel de pedra
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 23/06/2017
Horario: 01:00 a 01:00

O anel de pedra en Lugo

Abraham Cupeiro agasállalle ao pobo de Lugo O anel de pedra, banda sonora da Muralla

 Basadre agradeceulle a "máis que xenerosa e ilusionante doazón" desta peza composta para o XIV Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Abraham Cupeiro vén de agasallar ao pobo de Lugo cun regalo moi persoal, a peza musical O anel de pedra, que rende homenaxe á Muralla. Trátase dunha composición realizada para o XIV Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade. No 2016 dita música foi gravada coa Filhamonía de Galicia, Odaiko Percusión Group e o propio Abraham Cupeiro, baixo a dirección de Dímas Ruíz no Auditorio de Galicia.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, recibiu este xoves, no patio central do Vello Cárcere, de mans deste musicólogo a peza, que fai unha cesión ao Concello para que actúe como tutor da mesma e a utilice con fins divulgativos e nunca con funs lucrativos.