PUBLICIDAD

Nadal 2020 de Xuventude Lugo

Fecha 21-12-2020 a 9-01-2021
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Lugo. Do 21 de decembro ata o 9 de xaneiro.

Chega a programación de Nadal de Xuventude Lugo, na que haberá música en directo con “dúas sesións moi especiais o 31 de decembro e o 5 de xaneiro nas que convidamos aos mozos e mozas de Lugo a sumarse dende os seus fogares aos especiais de fin de ano de reis nos que haberá música en directo, da man de EME DJ, Cora Novoa, Babykatze e Marcos Peon.

Un completo programa no que, nesta ocasión, priorizará o formato virtual e se manterán as actividades presenciais que poidan realizarse en espazos abertos e coas medidas de control de aforo necesarias para cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias en materia de prevención da propagación da Covid-19 explicou a concelleira.

Actividades para amenizar as vacacións dos máis novos que inclúen “obradoiros de cociña, xogos tradicionais, Escape Room, concurso de Tik Tok, son algunhas das propostas que dende a área de Xuventude achegamos á mocidade lucense para dinamizar o Nadal” expliacaba a edil.

O pistoletazo de saída será o 21 de decembro, co inicio do consurso de Tik Tok, aberta a participación ata o 9 de xaneiro. O mércores 23 ás 12.00 h na Praza da Milagrosa e o xoves 24 ás 12.00 h. na Praza de augas Férreas terá lugar unha masterclass para mover o esqueleto ao que a concelleira anima a sumarse.

Os dias  26, 28, 29, 30 e 31 de decembro, 2, 4, 5, 7, 8, 9 de xaneiro convidaremos á rapazada a participar na sesión de Escape Room: O Misterio de Sherlock Holmes, sendo preciso anotarse previamente na Casa da Xuventude, e unha ruta dende a Casa da Xuventude cara o Monte Penarrubia o 26 de decembro, actividade que tamén precisa de inscripcións.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×