Músicas Mesturadas 2019 en Lugo

Fecha 12-01-2019 a 1-06-2019
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Músicas Mesturadas 2019 en Lugo.

Trátase de 10 actuacións de música de fusión singulares que terán lugar no Vello Carcere dende xaneiro a xuño, cuxa asistencia é totalmente de balde, ata completar cabida.

Este ano o ciclo contempla 6 citas máis que na pasada edición; e que, de novo, pretende que a veciñanza de Lugo coñeza música menos comercial nun escenario único como é o Vello Cárcere.

12 de xaneiro do 2019
20:30 h. ZMEITREI. Esta agrupación formada por inmigrantes romaneses ofrecerá unha actuación de música fermosa e sinceira que surxe das duras realidades e loitas dun goberno poscomunista. A voz do grupo, Paula Turcas é unha cantante de ópera soprano que renunciou á música clásica en busca dunha arte máis verdadeira basada nas loitas da vida cotiá. O líder da banda é o guitarrista Mihai Victor Iliescu, quen creou o concepto e estilo de Rough Romanian Soul. O seu son faise aínda máis único co virtuoso do vibráfono, Oli Bott.

26 de xaneiro do 2019
20:30 h. TALABARTE. Trío que ofrece uns concertos de risco, improvisación e contundencia. Este grupo,, composto por Quim Farinha ao violín, Kin García no contrabaixo e Pedro Pascual no acordeón diatónico, non deixará a ninguén indiferente coa súa concepción musical que funde concepcos diversos: acústico, de raíz, atemporal ou aventura.

08 de febreiro do 2019
20:30 h. MOZART HÉROES. O grupo deleitará ao público cun chelo e dúas guitarras, ofrecendo música clásica, rock ou música de grandes películas nunha actuación con exceso de adrenalina.

17 de febreiro do 2019
18:30 h. TANGO MAESTRO & QUINTETO NUESTRO TIEMPO. Matías González no bandoneón, Vera Pavlova no piano, Marcelo González no violón, Guillermo Bazzola na guiatarra e o contrabaixista Romain Lecuyer ofrecerán o mellor do tango contemporáneo.

10 de marzo do 2019
18:00 h. EMILIO RÚA + INVITADAS (ROSA CEDRÓN, LA SHICA E REBECA JIMÉNEZ) O cantautor ourensán Emilio Rúa será o encargado da primeira actuación de Músicas Mesturadas do mes de marzo, o día 19, ás 18:00 horas. Estará acompañado por tres artistas de traxectoria recoñecida no panorama musical: Rosa Cedrón, La Shica e Rebeca Jiménez.

16 de marzo do 2019
21:00 h. CELINA DA PIEDADE. Acordeonista, cantora e compositora, con tres álbums en solitario.

13 de abril do 2019
21:30 h. ALBA MESSA. A artista que se entregou en corpo e alma á arte dende os 6 anos, contando a día de hoxe cunha extensísima formación a nivel actoral, como na danza e musical. 

27 de abril do 2019
20:30 h. JOSÉ MANUEL DAPENA E JORGE NAVARRO. O son da guitarra española clásica a mans de José Manuel Dapena e o das teclas do pianista Jorge Navarro vibrarán

04 de maio do 2019
20:30 h. FORRÓ MIOR & JABÚ MORALES. Cautivarán, dende as 20:30 horas, ás persoas asistentes con música arraigada nos ritmos populares brasileiros.

01 de xuño do 2019
20:30 h. VANESA MUELA + TRIO ZARABAL. Pechan o ciclo de este ano con 35 anos nos escenarios, Vanesa Muela, xunto ao Trío Zarabal.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×