MUSica ALcheMIca en Lugo

Fecha 29-05-2019
Hora 20:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

MUSIca ALcheMIca
Lina Tur Bonet, viola d’amore
Valerio Losito, viola d’amore
Mauro Valli, baryton

L’amore
Nacida a finais do século XVII e famosa polo seu particular son, a viola é un dos instrumentos menos coñecidos da familia das cordas. Está equipada cun dobre xogo de cordas de tripa, seis ou sete e outras tantas de metal chamadas “de resonancia”, colocadas baixo a ponte. Gracias a esta característica, a viola ten un selo especial que dende a antigüidade se definiu como timbre de voz; e confírelle a ferramenta adecuada para vibrar en simpatía coas cordas de metal.

A viola foi apreciada dende a antigüidade pola dozura do seu ton ámbar. Mesmo Leopold Mozart, no seu tratado sobre o violín, alábaa como fascinante na tranquilidade da noite”. O encanto e a maxia de viola atrapan ao oínte e envólveno nunha mestura de son única. Formulouse a hipótese de que o propio nome da viola é unha referencia ás dúas series de cordas que resoan xuntas como os corazóns de dous amantes cando se sintonizan perfectamente.

Neste concerto, dúas violas d’amore acompáñanse dun baryton, instrumento que tamén ten cordas simpáticas; con obras dos grandes compositores do século XVII alemán, quen ademais dedicaron gran música chea de encanto a este instrumento e ao seu son máxico.

Nesta infrecuente formación, MUSIca ALcheMIca recompila neste programa obras escritas no século XVII orixinalmente para a viola d’amore, así como arranxos de famosísimas arias de Mozart para esta formación, á maneira na que se realizaban na época, gozando de gran popularidade.

LINA TUR BONET, viola d’amore

Considerada unha das violinistas máis interesantes e innovadoras do momento, Lina Tur Bonet está sendo requirida dende Nova York, Tokio, Pequín, Montreal, América do sur e en toda Europa para interpretar aos compositores de todos os tempos e redescubrir obras esquecidas.

Mestura dun estudo profundo da música e grande espontaneidade no escenario, as súas actuacións e rexistros unindo rigor e fantasía, atrapando aos melómanos pola súa inmediatez, entrega, e por ter personalidade propia. A súa creatividade despréndese da inusual variedade de repertorio, a rica ornamentación musical no barroco, e as súas inquietudes artísticas, colaborando con grandes creadores.

As súas gravacións recibiron críticas eloxiosas das revistas máis importantes: Diapasón, Gramophone ou Scherzo, aplican xa o termo de referencia aos seus CDs.

Realizou todas as Sonatas do Rosario nunha soa xornada en Viena; foi concertino dun centenar de Cantatas de Bach e das súas Paixóns; interpretou o Cuarteto Pour la fin du temps de Olivier Messiaen ou os de W. Lutoslawsky e Morton Feldman na Fundación Tapies de Barcelona; foi concertino da Paixón segundo San Mateo no Concertgebouw de Ámsterdan con Concerto Köln e interpretando como solista con orquestra os concertos de Vivaldi, Bach, Mozart, Beethoven, Brahms, Mendelssohn ou Piazzolla con numerosas orquestras dentro e fora do seu país. Recentemente estreou a obra Melancholia para violín solo que lle dedicou o compositor José María Sánchez Verdú. Foi invitada do Festival de Montreal para interpretar a integral da obra para violín solo de J.S. Bach.

Solicitada para grupos de primeiro nivel mundial, foi concertino da maioría dos grupos barrocos españois e de Il Complesso Barocco, a Hofkapelle Munich, Concerto Köln, Bach Consort Wien, Clemencic Consort, Orquestra do Palau de les Arts, a Orquestra d'Auvergne e un largo etc.

Tocou nos primeiros violíns de Les Musiciens du Louvre, Les Arts Florissants, a Mahler Chamber Orchestra ou a Orchestra Mozart Bologna baixo a dirección, entre outros moitos grandes, de Claudio Abbado, Daniel Harding, John Eliot Gardiner, Marc Minkowsky, Bill Christie, Kent Nagano, Danielle Gatti ou Sir Neville Marriner. Participou en gravacións para Deutsche Grammophon, Naïve ou Virgin e actuou nas salas máis importantes do mundo, dende a Ópera de Sidney ata o Lincoln Center de Nova York, Bunkamura Hall, Scala de Milán, ou a Philharmonie Berlín.

VALERIO LOSITO, viola d’amore

Violinista romano, diplomado en violín no Conservatorio di Musica Santa Cecilia, profundou na interpretación histórica con instrumentos orixinais con Enrico Onofri no Conservatorio Vincenzo Bellini de Palermo.

Dende moi novo colaborou con prestixiosas formacións como solista e concertino en actuacións por Europa, América e Asia, entre elas Concerto Italiano, Modo Antiquo, Ensemble Seicentonovecento, Il Complesso Barocco e Mare Nostrum. Dende 2018 Valerio colabora co ensemble de instrumentos orixinais MUSIca ALcheMIca fundado e dirixido pola violinista Lina Tur Bonet.

De 2002 a 2004 formou parte da European Union Baroque Orchestra (EUBO) baixo directores como Fabio Biondi, Reinhard Goebel, Roy Goodman e Paul Goodwin. De 2014 a 2018 foi violín solista e concertino da orquestra milanesa Silete Venti! dirixida por Simone Toni na que destaca unha produción escénica de Don Giovanni de Mozart con instrumentos históricos na tempada 2016-2017 do Teatro delle Arti de Milán e na Pérgola de Florencia.

Cos anos Valerio profundou tamén no estudo e a interpretación da viola d’amore, instrumento raro e prezado. Comezou como unha investigación experimental nos sons do pasado e alcanzou unha elevada especialización para se converter nun trazo distintivo do intérprete, sendo actualmente recoñecido pola crítica como un dos máis destacados solistas do instrumento cun repertorio que abarca dende o barroco á música contemporánea, incluíndo composicións escritas expresamente para el. Como solista de viola d’amore destaca a súa interpretación da Paixón segundo San Xoán dirixida por Sir Antonio Pappano no Auditorium do Parco della Musica de Roma na Semana Santa de 2017.

O apoio das fundacións Elsa Peretti de Barcelona e Nando Peretti de Roma foi decisivo para o crecemento artístico de Losito. Ambas as dúas fundacións, hoxe reunidas, concedéronlle o uso dende hai xa máis de dez anos dunha viola d’amore construída en Nápoles en 1775 por Ferdinando Gagliano.

MAURO VALLI, baryton

Mauro Valli provén da grande escola do lendario Camillo Oblach, violonchelista favorito de Toscanini famoso polo seu máxico son aveludado. Tras resultar vencedor de numerosos concursos (Vittorio Veneto, Turín, Milán) incorporouse á orquestra do Teatro alla Scala onde tocou baixo a batuta de lendarios directores como Leonard Bernstein, Carlos Kleiber e George Pretre. Sen embargo a súa predilección e interese sempre foron a música antiga e a de cámara, polo que abandonou esta orquestra para dedicarse principalmente a elas dende hai máis de trinta anos.

Traballou xunto a músicos tan notables como Maurice Steger (co que realizou gravacións de grande éxito, en particular a última dedicada á escola veneciana do 600 e premiada por todas as revistas especializadas) e Anner Bylsma, con quen tocou a dúo no Concertgebouw de Ámsterdan e describiuno como o mestre da ornamentación. Membro fundador da Accademia Bizantina, orquestra na que militou durante máis de vinte anos contribuíndo decisivamente á súa afirmación internacional; tamén tocou como solista e primeiro violonchelo noutras prestixiosas agrupacións como o Quartetto Sandro Materassi, Il Complesso Barocco de Alan Curtis e actualmente ocupa eses roles en I Barocchisti di Lugano de Diego Fasolis.

Presentouse en moitas das máis importantes salas de concerto e festivais barrocos do mundo, reiteradamente invitado e sempre cunha acollida extraordinaria.

Ademais do violonchelo barroco ocupouse do redescubrimento e interpretación doutros instrumentos históricos como o violonchelo piccolo de 5 cordas, o arpeggione e o baryton, raro instrumento que utiliza cordas de bordón (ao igual que a viola d’amore) e para o cal Haydn escribiu 113 tríos con viola e violonchelo.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×