Noticias de Hoy
4090d9cb e3a8 4014 b8e0 d28ae6dd3c68
Fecha: 21/12/2020 a 05/01/2021

Mercado de Nadal

Mercado de Nadal de Lugo.

O Mercado de Nadal organizado polo Centro de Artesanía e Deseño celebrarase do 21 de decembro ao 5 de xaneiro, con 14 postos de artesanía, un deles destinado a obradoiros alimentarios, que terán por primeira vez presenza no mercado.

O horario xeral de apertura será de 11 a 14 e de 17 a 21 horas, mentras que os días de noiteboa e fin de ano será de 11 a 14 e de 17 a 19 horas. Os festivos permanecerá pechado.

A instalación nas casetas, acondicionadas para vender e mostrar os produtos atendendo aos protocolos e as normas sanitarias, será este ano gratuíta para todos os obradoiros.

O deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro explicou que  “coa organización do Mercado facilitamos a artesás e artesáns un escaparate para a promoción dos seus produtos nun dos periodos de maior demanda, coincidindo co Nadal e coa época de agasallos. É unha cita xa consolidada que este ano ten unha importancia maior para o sector porque a crise sanitaria reduciu moi notablemente o número de feiras e eventos que se celebraron”.

Artesanía alimentaria

O Mercado de Nadal dá cabida por primeira vez á artesanía alimentaria. Unha das casetas da feira destinarase a este tipo de produtos, en quendas de dous días, polo que serán un total de sete obradoiros os que poidan vender as súas elaboracións na Praza de San Marcos.  Debido as actuais circunstancias e por prescricións sanitarias non se permitirá a degustación ou cata dos produtos nas casetas, nin tampouco a venda a granel. 

Efrén Castro valorou este novidade que “ademais de supoñer un novo espazo de venda directa para os obradoiros alimentarios, pode supoñer un pulo para o pequeno comercio no que se atopan habitualmente estes produtos”.