Lugo Ágora Son 2017

Fecha 19-05-2017 a 9-06-2017
Lugar
1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 1 LinkedIn 0 1 Flares ×

Lugo Ágora Son 2017.

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, xunto á Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez; e ao Xerente de Ditramotor, concesionario oficial de Hyundai España , Marcos Gay Rey; presentaron este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o Lugo Ágora Son. Trátase da iniciativa que organiza o Goberno da Deputación, e que conta coa colaboración do Concello de Lugo, e o Grupo Ditramotor, coa que ofrecen un ciclo de concertos, totalmente gratuítos, durante os meses de maio e xuño, que se celebrarán en distintos espazos da capital da provincia.

García Porto subliñou que “con este tipo de iniciativas, dende o Executivo Provincial, ofrecemos aos lucenses, unha programación musical, totalmente gratuíta, ao mesmo tempo que promocionamos e impulsamos o traballo dos artistas galegos, ademais de  dinamizar a economía da cidade. Este ciclo de concertos, supón o inicio das actividades lúdico-culturais, que dende o Goberno da Deputación, como todos os anos, achegamos a todos os veciños da provincia, durante os meses de verán.”

Pola súa parte, Basadre Vázquez, amosouse satisfeita por esta programación, “froito dunha colaboración público-privada, que ten por obxecto ofrecer actividades en beneficio da veciñanza”. Así mesmo, convidou á cidadanía a gozar dos concertos que encherán de contidos culturais atractivos as prazas da cidade.

Programación

19 de maio de 2017
21:00 horas, na Praza Campo Castelo, actuará o grupo lucenses Carta de Ajuste, composto por David Taboada e Salfu Valdés. Durante o concerto repasarán temas das décadas dos 80 e 90.

26 de maio de 2017
21:00 horas, na Praza Campo Castelo, actuará o artista do Incio, Vizcaino, no que presentará o seu novo disco “Diáspora”. É un compositor de referencia en Galicia, a través do Pop-rock de autor.

2 de xuño de 2017
21:00 horas, na Praza da Soidade, actuará o grupo ferrolán Los Álcantara, composto por Al Vila, Cabe, La super pota e Edu Rubiales. Realizarán versións de toda a historia da música española.

9 de xuño de 2017
22:30 horas, na Praza de San Marcos, para clausurar o Lugo Ágora Son, actuará a artista galega Mercedes Peón. Música autodidacta, compositora, vocalista e produtora da súa propia obra, ten editado catro discos de extenso recoñecemento internacional. É creadora de espazos sonoros para danza e documentais. Foi Premio Nacional da Música no 2008.

Publicidad

1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 1 LinkedIn 0 1 Flares ×