Noticias de Hoy
Fecha: 31/10/2019
Horario: 20:30 a 20:30

Lug Open Factory inaugura o seu Fab Lab

Lug Open Factory inaugura o seu Fab Lab e convida a un magosto tradicional.

É unha entidade que nace ao abeiro do proxecto europeo Atlantic Youth Creative Hubs.
Este proxecto é cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través o Programa Interreg Espazo Atlántico.

Mocidade e Lugo
Alí onde imos desenvolvemos programas de aprendizaxe e desenvolvemento de ideas para as mozas e mozos de Galicia. Para nós o máis importante é que se reúnan, que pensen, e que atopen solucións creativas a inquedanzas que teñan elas e eles.

Logo delo, aqueles que o desexen poden participar do noso proxecto en educación non formal cun claustro de profesores internacionais, residencias e intercambios no estranxeiro.

E sobre todas as cousas pretendemos que Lugo sexa un punto onde a creatividade e o emprendemento falen de valores e diversidade.

FAB LAB
OBXECTIVO
Buscar novas formas e metodoloxías para a creación de ideas e o desenvolvemento de prototipos e ideas en relación coa mocidade e a sociedade.

COMO
A través de eventos locais:

  • Deseña a túa idea.
  • Local Jam.
  • Formacións gratuitas para xóvenes: presenciais ou online.

DESEÑA A TÚA IDEA
É unha actividade de tres horas creada para que os xóvenes deseñen ideas e dando solucións. Partimos dunha metodoloxía innovadora chamada Brigth Mirror onde os mozos e mozas crean unha idea e a van traballando ata darlle forma. Normalmente acostumamos a poñer unha temática.

FAB LAB
COMO
E a través do traballo en vivo e directo dos xóvenes a diferentes niveis sobre diferentes materias que teñen que ver coa creatividade.
Audiovisual: contamos con equipos e profesionais cos que poden traballar dende o máis básico.
Design Thinking: traballamos directamente con la Ville Durable de Nantes: centro internacional de deseño de metodoloxías novidosas de creación e interacción xuvenil.
Emprendemento: con profesionais que poden desenvolver plans económicos, empresarias, negociación, canles de venta,…

TALLER
No noso espazo poderán crear os prototipos e proxectos que desexe a mocidade. Polo dagor somentes temos abertas estas disciplinas conformes ao material que contén o fab lab:

  • 3D printing: creación, deseño e imprenta en formatos 3D.
  • Cutting: corte e grabado en diferentes materiais.
  • Audiovisual: cine e documentais.
  • Márketing Dixital: creación de campañas.
  • Seo: posicionamento na rede de redes.
  • Programación Informática.
  • Alfabetización Dixital.

Contamos cos equipos e profesionais.

Página web: http://www.lugopenfactory.com