Noticias de Hoy
LP
Fecha: 04/04/2014
Horario: 21:00 a 21:00

'LP' de Lois Pérez

Lois Pérez presentará o seu primeiro libro de poemas, LP, na Librería Trama (Av da Coruña, 21, 27003 Lugo).
Afirmaba William Blake, talvez o home máis peculiar da historia da literatura, que había tres camiños para a salvación: o moral, o intelectual e o estético. É improbábel que algún dos tres figure neste feixe de versos que aquí e agora me dispoño a presentar, pero como non son unha persoa que crea na relixión, pido de vós a miña libre absolución (¡sabendo de antemán que sempre hai xuí­ces tan severos e rigorosos...!)
Eu non son un poeta, eu non son un novelista. As máis das veces son Lois Pérez, un mestre; outras veces son un contador de historias... Porque é curioso o caso de Blake: na súa literatura foi onde por vez primeira oín falar do tema dos monos inmortais, neboenta cantilena literaria que logo vin reproducida con peque­nas variacións en Ezra Pound, Bukowski, Borges, Monterroso ou Enric González(a inclusión estrafalaria nesta lista de ilustres), teoría consistente en que unha fileira infinda de monos inmortais con infindas máquinas de escribir, sería quen de completar nun momento dado as Obras completas de William Shakespeare.