Liberdades Sonoras 2020 en Lugo

Fecha 30-01-2020 a 7-03-2020
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Liberdades Sonoras 2020 en Lugo.

Tres novas datas na cuarta edición de Liberdades Sonoras, o ciclo diseñado para O Vello Cárcere de Lugo en colaboración con CLAP e a Concellería de Cultura e Turismo de Lugo. O xoves 30 de xaneiro a exploración dos aclamados Tomaga, o sábado 22 de febreiro o folk escuro da californiana Emily Jane White e a experimentación de Lea Bertucci. As tres datas son de entrada libre ata completar capacidade.


TOMAGA | XOVES 30 DE XANEIRO DE 2020 | ENTRADA LIBRE

O dúo experimental Tomaga canaliza unha música que se move a través do industrial, o jazz, a psicodelia e o minimalismo. Dedicado á exploración musical, este dúo ostenta ás súas costas unha discografía impresionante que lles gañou admiradores e un recoñecemento sen réplica posible: xiraron con Wire, Deerhoof, Thurston Moore, Faust, Lee Ranaldo, Silver Apples ou Stereolab. Foron descritos por BBC Radio3 como “a mellor banda do Reino Unido”, e nomeados por Thurston Moore como unha das 5 bandas máis interesantes do momento. +INFO


EMELY JANE WHITE | SÁBADO 22 FEBREIRO DE 2020 | ENTRADA LIBRE

O folk escuro da californiana Emily Jane White arroia con todo ao seu paso para converter os nosos corazóns en cinzas. No seu novo traballo, o seu sexto album de estudo, “Immanent Fire” (Talitres, novembro 2019), White vai mostrando o camiño cara ao interior de nós mesmos, para demostrar que en nós está o cambio posible e desterrar estes tempos depresivos e escuros. Co folk como principal arma, Emily amosa melodías que nos atrapan, que se enganchan e que lembran ao Nick Cave dos tempos de “Murder Ballads”. Cancións espectrales con lixeiros toques electrónicos, cun toque gótico sutil. +INFO


LEA BERTUCCI | SÁBADO 7 DE MARZO DE 2020 | ENTRADA LIBRE

Lea Bertucci é unha compositora, intérprete e deseñadora de son cuxo traballo explora as relacións entre os fenómenos acústicos e as súas resonancias biolóxicas. Ademais de instrumentos clásicos de vento de madeira, o seu traballo incorpora conxuntos multicanle de altofalantes, retroalimentación electroacústica e colaxe de cintas analóxicas. Nos últimos anos, os seus proxectos expandíronse cara a investigacións sónicas da arquitectura, específicas de cada espazo. Profundamente experimental, o seu traballo non teme subverter as expectativas musicais… . +INFO

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×