Noticias de Hoy
cinco minutos sen respirar
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 10/03/2019
Horario: 20:30 a 20:30

Ítaca Teatro presenta: Cinco minutos sen respirar, en Lugo

Ítaca Teatro presenta: Cinco minutos sen respirar, en Lugo.

A nova compañía lucense, Ítaca Teatro, presenta a súa ópera prima, "Cinco minutos sen respirar".

Elea López e Carlos Rebolo, baixo a dirección de Carlos Neira, póñense na pel de Margarita, unha empregada de banca, e Víctor, un supervisor de supermercado, dous personaxes que albergan medos e anhelos a partes iguais. Trátase dunha proposta contemporánea que apela ás emocións e busca que sexa cada espectador quen constrúa a súa propia versión do que acontece en escena.

Nunha tenda por departamentos un empregado e unha clienta atópanse na sección de libros. El está a piques de rematar o seu día de traballo, ela está buscando unha escusa para non chegar á casa. Pero os dous, a esa hora e nese día, teñen unha certeza común: o desexo de que non os atopen.

O equipo artístico da peza está formado por:
Gustavo Ott (autoría), Carlos Neira (dirección), Rubén Pérez Pombo (tradución e adaptación), Juan Rivas (iluminación, fotografía e son), David Alonso Garzón (música orixinal e espazo sonoro), Diego Valeiras (escenografía, vestiario e atrezzo), Rosalía Fernández Rial (voz en off), La Cosa Gráfica (deseño gráfico) Elea López e Carlos Rebolo (elenco).

Recomendada para público maior de 12 anos.