Noticias de Hoy
guido
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 13/12/2019 a 20/12/2019

III Paseo guiado #LugoCreativo en Lugo

III Paseo guiado #LugoCreativo en Lugo.

Xa comentamos algunha vez que #OLugoMenosCoñecido é en certo modo un laboratorio de experimentos turísticos e culturais do que irán saíndo proxectos a consolidar. Aquí vai un deles: #LugoCreativo emancípase este mes de decembro cunha serie de visitas artísticas que agardamos vos fascinen tanto como as que xa vivimos. Gústache a idea? Unha oportunidade de atopar agasallos singulares para ti mesmo ou para os teus. Un xeito de potenciar a creatividade lucense e tamén de enriquecer o teu mundo persoal.

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo destes paseos guiados é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos das experiencias serán compartidos co fin de dalas a coñecer para vindeiras ocasións.