Noticias de Hoy
Rio Rato Lugo
Fecha: 04/06/2016 a 05/06/2016
Horario: 01:00 a 01:00

Fin de semana de actividades saludables en el Río Rato

Fin de semana de actividades saudables no Río Rato para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente.

Programación de Actividades

Sábado, 4 de xuño de 2016
11:00 horas. Encontro e roteiro de bicicletas: O Centro de Interpretación Terras do Miño será o punto de partida do roteiro de bicis, no que poderán participar persoas de todas as idades.
De volta, terá lugar unha charla sobre a promoción e uso bicicleta como medio de transporte sostible nas zonas urbanas.
A continuación haberá o contacontos infantil: “Contar o que se come”.
Os interesados en participar poden anotarse no teléfono 982 227 812.
12:00 horas. Ruta cardiosaudable polo Río Rato: Arrancará fronte á Casa María e Casa Paco. A Federación Veciñal entregará aos participantes camisetas co lema “No tempo de lecer camiña con nós!.

A ruta ten unha extensión de entre 3.5 e 4 quilómetros, que corresponden ao treito do cinto verde entre a Tolda e a Estrada da Fonsagrada. Durante a xornada, que terá unha duración aproximada de 50 minutos, os participantes estarán acompañados por monitores e distribuiranse augas para combatela deshidratación. Tamén se contará coa presenza de membros de Protección Civil para garantir a seguridade durante a xornada.

Domingo, 5 de xuño de 2016
10:00 horas. Encontro de Cociña Solar: O Centro de Interpretación Terras do Miño celebrará un novo encontro sobre cociña solar, no que os participantes aprenderán como construír un forno solar e poderán degustar comida cociñada a través deste aparello.
12:00 horas. Contacontos infantil
16:00 horas.-Charla: As posibilidades da cociña solar
Os interesados en participar nestas actividades poden anotarse no teléfono 982 227 812.