Fiestas de Rábade 2019

Fecha 13-08-2019 a 18-08-2019
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Programa de las Fiestas de Rábade 2019.

Rábade celebrará as suás festas patronais entre o 13 e o 18 de agosto, aínda que xa desde o 2 terá as actividades deportivas de baloncesto e fútbol sala no pavillón municipal e na pista do Campo da feira.


Martes 13 de agosto de 2019

O día 13 a xornada comezará co lanzamento das vésperas e as finais das competións deportivas.


Mercores 14 de agosto de 2019

O mércores 14, a festa terá o seu comezo coa lectura do pregón, ás 21.00 horas na Prazuela e que estará a cargo do ex-futbolista, Roberto Trashorras. Previamente, ás 19.30 horas descubrirá unha praca na súa honra no recinto deportivo.

Ademais será descobrimento do Rei da Chaira polos cabezudos e os participantes na VII Edición do CantamosCHA. Haberá unha concentración aberta de músicos para cantar a muñeira de Lugo, a de Santo Amaro e Quen teña viño. Acto seguido, ás 22:00 será a churrascada popular que dará paso ao Rabafolc, que este ano chega á súa edición número XXV e que contará cos grupos Siandola, Dakidarría e Liska.


Xoves 15 de agosto de 2019

O xoves 15 comezará coas dianas e alboradas, e ás 13.30 horas a sesión musical será coa actuación da Banda Sons e Soños. Máis tarde no Campo da feira a sesión vermú estará a cargo de La Ola ADN, seguirña ás 18:30 a Peña O Foguete lanzando bombas cada 5 minutos como preludio a gran sesión pirotécnica.

Xa ás 19:00 será o percorrido do Rei da Chaira desde o Concello a Cantalarrana acompañado de Sons da Chaira para a descarga de pirotecnia. Ás 20:30 será a XV carga pirotécnica Carlos Rodríguez Núñez Peña Foguete. E xa pola noite ás 23:00 comezará a verbena coas orquestras La Ola ADN e Dj Disco Móvil La Mega CDC, que farán un descanso para poder desfrutar dos fogos de artificio a cargo de Astariz.


Sábado 16 de agosto de 2019

O sábado 16 comezará coas alboradas e a sesión vemú coa orquestra Foliada, a que seguirá a Xira Campestre ás beiras do Miño, unha tradición nas festas de Rábade. Como todos os anos, haberá unha carpa cuberta para todos os comensais e non se permitirá o acceso de vehículos á beira do Río agás para carga e descarga en horas limitadas. Pola tarde terá lugar á esperada Esbatuxada, o descenso do río Miño en embarcación de fabricación caseira, que dará comezo sobre as 17.15 da tarde. E xa pola noite o apartado musical estará a cargo de Foliada e Israel.


Domingo 17 de agosto de 2019

O domingo 17, haberá tamén sesión vermú coa orquestra Xacobeo, e un partido no estadio Catro Ventos entre o Enxebre Rabadense e o CD Rábade Veteranos que dará comezo ás 18:00. Máis tarde, ás 20:00 horas dará comezo o subidón dos avós, a tradicional carreira de avós e netos (menores de 6 anos), e xa pola noite chegará a quenda da verbena coas orquestras Xacobeo e América.

O último día da festa, voltará a comezar coas alboradas e a sesión vermú a cargo de A Favorita, e xa pola tarde festexarase un ano máis o Día da Bicicleta, que chega a súa XXVI edición, con saída do Campo da Feira e chegada á praza de España. As festas contarán cunha actuación da banda Sons e Soños de Rábade e da banda Ateneo da Pobra do Caramiñal ás 20:00. A noite estará a cargo de A Favorita. 

 

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×