Festival Músico Vocal Arcadio Mon en Alfoz

Fecha 3-08-2017
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Festival Músico Vocal Arcadio Mon en Alfoz

Hai agora un pouco máis dun ano que nos deixou o noso compañeiro e amigo Arcadio Mon. No setembro pasado o SEVA organizou o I Festival Músico-Vocal “Arcadio Mon”, no que, durante dous días (un en Alfoz e outro no Valadouro) contamos coa presenza de grandes músicos galegos e de novos talentos no mundo da música. Pois imos xa coa segunda edición deste Festival. Este ano será o día 3 de agosto en Alfoz, no adro da igrexa de San Pedro, no mesmo lugar no que ó día seguinte se celebrará a famosa Festa dos Choferes. Contaremos de novo con famosos e artistas do panorama musical galego e celebraremos tamén o concurso para novos talentos musicais, como o ano pasado. Se tes menos de 20 anos e cantas ou tocas algún instrumento musical, non dubides en anotarte ó concurso. Podes facelo escribindo ó correo peinoster@gmail.com e mandarémosche información para inscribirte (totalmente gratis) ou ben podes chamar ó 619 38 99 97 para obter información. Queremos que o Festival perdure no tempo e sirva de recordatorio das facetas artística e educativa que Arcadio desempeñou tan acertadamente durante a súa vida. O Festival realízase coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Alfoz. E para anunciar este evento tan especial, nada mellor que o Cartel que preparou o noso compañeiro Pepe Blanco.

Prorrogamos o prazo de inscrición ata o día 28 de xullo

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×