Festival do Leite 2017 en Lugo

Fecha 23-09-2017
Hora 12:00
Lugar
1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 1 LinkedIn 0 1 Flares ×

Festival do Leite 2017 en Lugo.

A marca Deleite, propiedade dun grupo de gandeiros galegos, celebrará o sábado 23 de setembro a segunda edición do Festival do Leite en Lugo, a capital do sector lácteo galego.

Este festival, que busca poñer en valor o leite como alimento e como motor económico do rural galego, celebrarase no parque do Pazo de Feiras e Exposicións. Ao longo de toda a xornada, o público asistente a esta romaría familiar poderá desfrutar de xeito gratuíto de grupos referentes do panorama musical galego como Caxade, Terbutalina ou Os Amigos dos Músicos, entre moitos outros. Tamén actuará Xosé Antonio Touriñán, estará o famoso humorista gráfico Luis Davila, e haberá programación infantil e diversas foodtrucks que ofrecerán servizo de xantar.

O Festival estará en marcha desde o mediodía ata a noite. O cartel está formado polas bandas:

  • Siniestro Total
  • Terbutalina
  • Adrián Costa & The Criers
  • Best Boy
  • Os Amigos dos Músicos
  • Escuchando Elefantes
  • Atrás Tigre
  • Musel
  • Caxade
  • The Funkles
  • Cachas & Cousins
  • Primordiais
  • … TOURIÑAN.

O Festival, igual que na primeira edición, celebrada en Santiago, busca tamén un fin social. Os beneficios económicos das barras de bebidas e do merchandising do Festival do Leite destinaranse a axudar ás persoas refuxiadas. Asemade, pídeselle aos asistentes que aporten algún produto alimentario de primeira necesidade que se destinará aos Bancos de Alimentos. Deleite tamén doará unha cantidade de leite para as persoas máis necesitadas.

Publicidad

1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 1 LinkedIn 0 1 Flares ×