Noticias de Hoy
Fecha: 12/07/2017
Horario: 23:00 a 23:00

Festival Coa Nosa Fala en Foz

Festival Coa Nosa Fala en Foz

Programación

Esta nova edición de “Coa nosa fala”, comezará ás 22:00 horas no Campo da Cabana, e será presentado polo actor e presentador Paco Lodeiro, que tamén quixo sumarse a esta homenaxe. Ao longo da velada actuarán todos os grupos que participaron na I edición deste festival, son concretamente; Escola de Meus, Chingla, Sito Sedes e Tito Calviño, aos que Arcadio Mon estaba moi vencellado.

Arcadio Mon, biografía

Arcadio Mon García (1967-2016), músico e compositor, naceu en Bacoi (Alfoz), no seo dunha familia de intérpretes. Para este compositor a música sempre foi a súa gran paixón, a súa vocación e a súa profesión. Formouse musicalmente na Coruña, onde tocou en numerosas orquestras. Ademais fundou a Escola de Música de Foz e dirixiuna durante anos, e tamén a Banda de Música da localidade. Foi promotor incansable de numerosas iniciativas musicais por toda a Mariña lucense, entre elas o Festival “Coa