Exposición en Lugo: Pensando cos pés

Fecha 6-11-2017 a 27-11-2017
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

O MIHL acolle ata o 27 de novembro a exposición Pensando cos pés.

Lara Méndez, Borja Pérez e Noemí Lorenzo inauguraron esta mostra, que é un proxecto artístico inspirado nas fotografías da campaña urbana #Selpie

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia, Borja Pérez, e a doutora en Belas Artes e artista, Noemí Lorenzo, inauguraron este venres no MIHL a exposición Pensando cos pés. Trátase dun proxecto artístico inspirado nas fotografías da campaña urbana #Selpie, iniciativa organizada para conmemorar o 20 aniversario do Colexio Oficial de Podólogos e informar á cidadanía sobre a figura do podólogo e a importancia de realizar un correcto coidado dos pés. No acto tamén estiveron presentes membros da Corporación Municipal.

Lara Méndez agradeceulle ao Colexio de Podólogos de Galicia que “elixise Lugo como un dos lugares de parada desta exposición conmemorativa do seu 20 aniversario”, e felicitounos por “unha iniciativa tan orixinal e, á vez, instrutiva, que visibiliza e pon en valor a podoloxía”. Así mesmo deulle os seus parabéns a Noemí Lorenzo polo traballo realizado e animou á veciñanza lucense a pasar polo museo para ver esta mostra.

A exposición poderá visitarse ata o día 27 de novembro no MIHL, de martes a sábado, en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:30 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. Todas as persoas que visiten esta mostra poderán interactuar e completar a mostra pisando cos seus zapatos unha composición de parede e chan, deixando as súas pegadas, que serán parte das posteriores exposicións, en distintas cidades galegas.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×