Noticias de Hoy
Maruja Mallo. Vinte Almas
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 08/06/2017 a 03/09/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición en Lugo: Maruja Mallo. Vinte Almas

Exposición en Lugo: Maruja Mallo. Vinte Almas.

Maruja Mallo, José Vázquez Cereijo, Antonio Rodriguez Luna, Benjamín Palencia, Vlady Serge, José Caballero, Toyen, Luis Seoane, Eugenio Granell, Pablo Picasso, Joan Miró, Alberto Sánchez, Juan Ismael, Félix Fernández, David Catá, Montse Rego e Renata Otero.

Cando a Maruja Mallo lle preguntaron que visión tíña dos artístas do seu tempo, dixo de Picasso que era “o gran delator” do século XX e de Dalí que era “a figura surrealista, pero bastante vulnerable”. Non obstante, cando lle pediron que se definira a si mesma, utílizou unha expresión que xa empregara Ramón Gómez de la Serna para referirse á artísta: que ela tíña “catorce almas”. Máis, aínda, tras habelas asimilado, a artísta afirma ter vinte almas.

O Museo provincial de Lugo e a Deputación provincial representan as raíces de Maruja Mallo como eixo facilitador e contedor dun importante legado da artísta que xorde dunha estreita relación, provocada pola concesión da bolsa que levará a artísta a ampliar a súa formación na capital do estado, provocando unha eclosión, non só creatíva, senón de contacto coas figuras fundamentais da vangarda. En certo modo, Galicia sempre estívo presente nas súas obras: dende as Verbenas ata as Máscaras pode percibirse a sombra do fogar. Precisamente por iso, reúnense aquí tanto os traballos da artísta como os dos seus amigos artístas e intelectuais máis próximos. Do mesmo xeito, préstase tamén especial atención a catro artístas do noso tempo que comparten lugar de nacemento con Maruja Mallo... .

Esta exposición acolle obras de artístas que foron claves na vida e na produción de Maruja Mallo, tales como Picasso ou Joan Miró —a quen Maruja Mallo considera un heroe que loitou polo seu traballo— , así como os seus compañeiros da Escuela de Vallecas, como Benjamín Palencia ou Alberto Sánchez; ata exiliados galegos como Luis Seoane ou Eugenio Granell.

A mostra consiste nunha revisión da obra da artísta a través de pezas que forman parte de coleccións galegas, sexan públicas ou privadas.

Tendo en conta que a Fundación Eugenio Granell se conforma como un dos centros do surrealismo máis importantes, a nivel internacional e nacional, establécese un vínculo entre a proposta plástíca de Maruja Mallo e moitas das obras que conforman a colección surrealista de Eugenio Granell.

Neste senso, a exposición artícúlase a través de obras de artístas coetáneos, como Alberto Sánchez (Mujer Castellana, 1975) ou Benjamin Palencia (sen título, 1935), cos que a artísta de Viveiro compartíu experiencias e unha profunda amizade. Inclúese tamén un retrato realizado, en 1941, por Vlady Serge de André Breton, este últímo mercaría a súa grande obra Espantapeces (1931). Por outra parte, inclúense pezas como Las dos hermanas (1934), de José Caballero; Tête de Faune (1962), de Pablo Picasso; Dos personajes (1934), de Antonio Rodríguez Luna; sen título (sen data), de Juan Ismael e a obra Composición (sen data), de Joan Miró.

A muller xoga un papel fundamental dentro do panorama artístíco da vangarda relacionando a contribución plástíca de Maruja Mallo coa doutra artísta que nace ao igual que Mallo, no 1902, trátase de Toyen, que viven as transformacións do seu tempo, onde o contexto da arte está dominado maioritariamente por homes.

Eugenio Granell preséntase na mostra con pezas en homenaxe á propia Maruja Mallo: La sorpresa del trigo (1945) e o bosquexo desta, así como outro material documental sobre esta peza. Trátase dunha achega complementaria onde Mallo serve como referente inspirador do feito creatívo. A relación dos dous artístas trae consigo amosar a carpeta de litogratías Mallo que a artísta realiza en homenaxe á Revista de Occidente, en cuxos salóns realizara a súa primeira exposición no 1928 e que Granell adquire para formar parte da súa importante colección surrealista.

Esta nova lectura do traballo de Maruja Mallo nace dunha estreita relación interinstítucional, establecendo conexión co propio Museo Provincial de Lugo, a Fundación Abanca, Afundación ou a Fundación Luís Seoane.

A mostra complétase coa achega de catro artístas contemporáneos, todos eles nados en Viveiro, ao igual que Maruja Mallo. Trátase dos proxectos de Montse Rego, Renata Otero, Félix Fernández e David Catá.

Para rematar, a exposición contará cun destacado apartado documental a través de materiais pertencentes a distíntas instítucións galegas e coleccións partículares, destacando o importante legado de Vázquez Cereijo- Anne Nikitík.