PUBLICIDAD

Exposición en Lugo de Sesé Santiso: O cotián revisado

Fecha 12-02-2019 a 7-04-2019
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Exposición en Lugo de Sesé Santiso: O cotián revisado

  • Baixo o título “O cotián revisado”, amosa un total de 29 pezas nas que se mestura cerámica, madeira, fotografía, pintura, ensamblaxe ou collages. Aberta ata o 7 de abril.
  • A autora reivindica con este proxecto o cotián como instrumento ao servizo da memoria, un obxecto digno de ser presentado e, á súa vez, representado a través dunha imaxe que actúa como documento, e tamén como aparato evocador.
  • García Porto remarcou que o “Museo Provincial contribúe unha vez máis a poñer en valor as últimas novidades do panorama artístico lucense. Nesta ocasión, na que Santiso aborda temas como o feismo, a beleza da arquitectura e dos pequenos trazos ou a reinterpretacion de pezas do museo, como por exemplo os reloxos que hai nas diferentes salas, en alusión ao paso do tempo”.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurou este martes no Museo Provincial o último proxecto da artista lucense Sesé Santiso, que leva por titulo “O cotián revisado”, e poderá verse ata o día 7 de abril. Son unha colección de 29 pezas nas que se mestura cerámica, madeira, fotografía, pintura, ensamblaxe ou collages. No acto de inauguración estivo acompañada pola autora, así como as responsables da Rede Museística Provincial e persoal dos museos.

García Porto explicou que “a través destas pezas a autora reivindica o cotián como instrumento ao servizo da memoria, un obxecto digno de ser presentado e, á súa vez, representado a través dunha imaxe que actúa como documento, como pegada, como traza visual do tempo, pero, tamén, como aparato evocador”.

A Deputada remarcou que o “Museo Provincial contribúe unha vez máis a poñer en valor as últimas novidades do panorama artístico lucense. Nesta ocasión, na que Santiso aborda temas como o feismo, a beleza da arquitectura e dos pequenos trazos, a reinterpretación de pezas de cerámica, ou fotografías propias do museo, como por exemplo os reloxos que hai nas diferentes salas, en alusión ao paso do tempo”.

O cotián revisado

Os obxectos persoais, o noso contorno e os itinerarios habituais, pola forza do costume, poden chegar a pasar desapercibidos, a volverse case invisibles. Unha mirada máis atenta e repousada sobre eles pódenos levar a apreciar a súa feitura, descubrir a pegada que deixa neles o paso do tempo, encontrar a beleza agochada, levarnos a rememorar algún recordo, algún pesadelo, pódenos devolver, por un instante, os seres que xa non están. O cotián ao ser descontextualizado, dotado dun escenario novo, posto en valor, predisponse a ser interrogado, gana en elocuencia. Deste modo os obxectos e as imaxes son capaces de evocar o vivido, pero, tamén, ofrecen unha oportunidade á suxestión, á imaxinación, potencian unha memoria aberta a contaminacións. O proxecto pretende reivindicar o cotián como instrumento ao servizo da memoria, un obxecto digno de ser presentado e, á súa vez, representado a través dunha imaxe que actúa como documento, como pegada, como traza visual do tempo, pero, tamén, como aparato evocador.

Sesé Santiso

Sesé Santiso (María José Santiso Gómez, Lugo-1964) é unha artista que se formou en de Hª da Arte, tamén en Belas Artes, na especialidade de pintura na Universidade de Salamanca. E no ano 1982-84 graduouse en Artes Aplicadas na especialidade de Cerámica. Ademais participou en proxectos colectivos e exposicións por toda a xeografía. A través deste proxecto amosa a súa última creación utilizando os obxectos e as imaxes, xa que son capaces de evocar o vivido, pero, tamén, ofrecen unha oportunidade á suxestión, á imaxinación, potenciar unha memoria aberta a contaminacións. Neste proxecto mestura todos os elementos, sendo en parte unha continuación do seu último proxecto Contenedores.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×