Exposición en Lugo: Conversas, de Sabela Arias Castro

Fecha 11-04-2019 a 30-04-2019
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Exposición en Lugo: Conversas, de Sabela Arias Castro.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a artista, Sabela Arias Castro, inauguraron, este xoves, na Sala Multiusos do Museo Provincial a exposición, Conversas. Unha mostra composta por 32 pezas e integrada dentro do proxecto expositivo “EU… TI… ELAS… NOSOUTRAS… NOSOUTRXS EN REDE 2019”, que estará repartida polos catro museos que forman a Rede Museística Provincial. A exposición estará aberta ao público ata o 30 de abril. A entrada é gratuíta. García Porto subliñou que “dende o Goberno da Deputación apoiamos numerosas iniciativas dos talentos da provincia para dar a coñecer entre os veciños a riqueza cultural e artística que temos en Lugo. A través da súa obra Arias, veciña de Lugo, intenta plasmar os pequenos acontecementos do día a día, como poden ser os sons, os olores, un pensamento ou unha conversa. Un dos factores máis característicos dos traballos é a cor, parte esencial dos traballos, define cada elemento por separado e a súa interrelación. O conxunto é un todo e cada peza non perde o seu significado”.

Sabela Arias

Lucense, pintora e artística plástica, os seus primeiros estudos artísticos foron na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón, máis tarde licenciouse en Belas Artes na Universidade deSalamanca e os cursos de postgrao realizounos na Universidade do País Vasco.

Traballou en proxectos de ilustración, tanto de libros infantís como de humor gráfico. Desde o1988 realiza as súas propias exposicións, entre as que caben destacar a Feira de Arte de Holanda, e en salas de diversas cidades como Lugo, Redondela, Ferrol, Ourense, Coruña, Betanzos, ou Bilbao entre outras. Ademais tamén participou en exposicións conxuntamente con outros artistas, as obras recorreron París, Oporto, Tras-Os-Montes, El Salvador, Pamplona, Sarajevo, Tarragona, Nueva York ou Santiago de Compostela.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×