Noticias de Hoy
amar a mar
Fecha: 16/11/2020 a 08/03/2021

Exposición Amar a mar. Mariñas, marosas e maruxainas

Museo Provincial de Lugo.

O Museo Provincial de Lugo acolle a primeira exposición do proxecto colectivo "Amar a mar. Mariñas, marosas e maruxainas" impulsado pola Rede Museística Provincial para visibilizar e recoñecer as mulleres da Mariña nos distintos museos da rede. A mostra inclúe  retratos de mulleres dos concellos da comarca mariñá e textos arredor do papel das mulleres na comunidade.

A exposición, que permancerá no museo ata o 8 de marzo, poderá visitarse de forma virtual pero tamén presencial, atendendo ao protocolo
establecido para as visitas no Museo Provincial de Lugo.