Noticias de Hoy
espectáculo 'Blowing'
Fecha: 05/12/2020
Horario: 19:00

Espectáculo Blowing en Ribadeo

Auditorio municipal de Ribadeo.

O auditorio municipal de Ribadeo acolle un espectáculo único, dificil de clasificar, que xunta diversos campos das artes escénicas, divertido e destinado a todas as idades.

Será o 5 de decembro ás 19.00 horas.

Agora mesmo, neste preciso momento no mundo deben de estar a voar millóns e millóns de desexos que queren facerse realidade. Pedimos desexos de moitas maneiras diferentes: soprando as velas do día dos nosos aniversarios, vendo pasar unha estrela fugaz, soprando unha pestana, tirando unha moeda nun pozo ou soprando unha flor de dente de león.

En 'Blowing' vivirase a viaxe dunha pequena espora que ten unha misión, cumprir o desexo de Yuri. Unha viaxe a través do vento, cheo de aventuras e situacións nas que atoparemos respostas a todas estas preguntas...ou non!

Un espectáculo visual, poético e innovador, onde a tecnoloxía, a danza e a música en directo convidarannos a voar por un mundo fantástico e máxico.