Noticias de Hoy
lugodepor
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 01/12/2019
Horario: 18:00 a 18:00

Derbi gallego de fútbol CD Lugo vs RC Deportivo

 

Derbi gallego de fútbol CD Lugo vs RC Deportivo.

venda de entradas para o #LugoDépor do vindeiro domingo 1 de decembro xa esta activada.

Para acceder ao encontro, declarado “Día do Clube” dende a presentación da Campaña de Abonados desta tempada, cada socio do CD Lugo deberá aportar o seguinte suplemento:

Tribuna e Preferencia: 15€

Fondo Norte, Fondo Sur e General 2: 10€

Nenos (maiores de 5 e menores de 14 anos) : 5 €

O resto de localidades só estarán dispoñibles para os abonados do CD Lugo, que poderán mercar en total un máximo de 2 unidades para as seguintes zonas: Preferencia, Tribuna, Fondo Norte, Fondo Sur e General. O prezo das mesmas será o seguinte:

Tribuna e Preferencia: 40€

Fondo Norte, Fondo Sur e General: 30€

O suplemento poderá facerse efectivo nos puntos habituaís (Oficinas do Anxo Carro e CDLUStore), así como na plataforma online de venda de entradas a partir de mañá martes. Os gastos de xestión dos suplementos serán asumidos polo CD Lugo. Os das entradas adicionais que poderá mercar cada abonado terán o custo habitual.

As localidades poderanse adquirir dende o luns 25 de novembro ata o venres 29 nas oficinas del Anxo Carro, en horario  09:30 - 13:45 e 16:30 - 20:00 h, na CDLUStore 10:30-14h. e 16:30-20:00h. A partir de mañá, e ata o venres, tamén estarán dispoñibles no portal web as 24 horas.

As taquillas non abrirán o día de partido.