Concierto del Trío Wanderer en Lugo

Fecha 22-03-2019
Hora 20:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Concierto del Trío Wanderer en Lugo.

O Trío Wanderer actuou nas máis importantes salas de concertos como: a Filharmónica de Berlín, o Teatro dos Campos Elíseos de París, o Wigmore Hall de Londres, a Scala de Milán, o Palacio de Congresos de Washington, o Kioi Hall de Tokio, a Tonhalle de Zurich e o Concertgebouw de Ámsterdan. Tamén actuaron en prestixiosos festivais, como os do Schleswig Holstein, de Rheingau, La Roque d’Anthéron, Granada, Osaka, e tres veces no Festival de Salzburgo. 

Tras realizar dous CDs con Sony Classical, o trío Wanderer comezou unha colaboración con Harmonia Mundi en 1999. Dende entón editaron os tríos de Ravel, Haydn, Shostakovich, Copland, Saint-Saëns, Mendelssohn, Smetana, a integral dos Tríos de Schubert e Brahms e o Triplo concerto de Beethoven con James Conlon.  En 2012 gravaron a integral dos tríos de Beethoven seguidos en 2013 polos tríos con piano de Tchaikovsky, Arensky e Fauré e en 2017 os tríos de Dvorák op. 90 e op. 65.

A súa discografía obtivo varios premios: Choc du Monde de la Musique, Diapason d’Or, Midem Classical Music Award, Critic’s Choice de Grammophone, CD of the Month da BBC Music Magazine, Diapason d’Or do Ano… O New York Times declarou a súa interpretación dos tríos de piano de Mendelssohn como a nova referencia.  Recentemente en 2016, a súa gravación do trío de Schubert op. 100 foi elixida como a mellor versión entre outras 14 polo programa Building a Library – CD Review da BBC3.

En 2014, Jean-Marc Phillips-Varjabédian e Raphaël Pidoux aceptaron o posto de profesores de violín e violonchelo do Conservatorio Superior de París. Vincent Coq é profesor de Música de Cámara da Escola Superior de Música de Lausanne dende 2010.

O trío gañou o prestixioso premio Victoire de la Musique ao Mellor Conxunto Instrumental do Ano en tres ocasións (1997, 2000 e 2009). En 2015 os membros do trío foron nomeados “Chevalier dans lórdre des Arts et Lettres”.

Jean-Marc Phillips-Varjabédian toca un Charles Coquet (París 2014) e un Gand Père (París 1840) cedido por Nicolas Dufourcq.

Raphaël Pidoux toca un violonchelo Gioffredo Cappa (Saluzzo 1680).

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×