Noticias de Hoy
amarart
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 15/12/2018
Horario: 20:00 a 20:00

Concierto del Cuarteto AmarArt & Ona Cardona en Lugo

Concierto del Cuarteto AmarArt & Ona Cardona en Lugo.

Cuarteto AmarArt

Ona Cardona, clarinete

O Cuarteto AmarArt está considerado pola crítica especializada e o público como un dos mellores cuartetos de corda actuais. Os seus integrantes son destacados solistas e profesores, con brillantes e dilatadas carreiras, que dedican parte significativa da súa actividade concertística ao ámbito camerístico.

Mariana Todorova, violín

É concertino da Orquestra Sinfónica de RTVE dende 1997. Natural de Varna, Bulgaria, posúe o Premio Cultural desta cidade. É gañadora do Primeiro Premio do Concurso Internacional Kocian en Checoslovaquia. Así mesmo posúe o Primeiro Premio do Concurso de música de cámara Zlatnata Diana de Pleven. En 1995 gañou o prestixioso Premio Pablo Sarasate concedido pola Fundación Loewe e actuou en concerto co Stradivarius do compositor. Toca cun violín Joseph Ceruti do ano 1844.

Assumpta Pons, violín

Nace en Menorca. Estuda violín con Jaume Francesch, Alfred Malececk e Xavier Turull. Asiste a cursos de perfeccionamento con Regis Pasquier, Gerard Poulet e Ruggiero Ricci entre outros, e especialízase en violín barroco con Hiro Kurosaki.

Gañou o Primeiro Premio do Ateneo de Maón, o Primeiro Premio de Grao Superior de Violín e o Premio Extraordinario Superior de Música de Cámara no Conservatorio Superior do Liceo.

Rocío Gómez, viola

Obtén o seu Diploma de Solista como alumna de Nobuko Imai no Conservatoire Supérieur et Académie de Musique Tibor Varga en Sion, Suíza.

Obtén praza na Orquestra Sinfónica de RTVE. Ocupou o posto de asistente de solista de viola na Orquestra Sinfónica de Barcelona e Nacional de Cataluña, OBC, sendo tamén profesora no Conservatorio Superior de Música de Zaragoza. Na actualidade é profesora de viola no Conservatorio Profesional de Música Teresa Berganza de Madrid.

Ángel García Jermann, violonchelo

É violonchelo solista da Orquestra Sinfónica de RTVE durante 11 anos. Na actualidade é catedrático de violonchelo no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Cursa estudos superiores de posgraduado na Hochschule für Musik Detmold, Alemaña. Durante este período recibe ademais clases de, entre outros, Cristophe Coin, Boris Pergamenschikow e Mstislav Rostropovich. É bolseiro do Ministerio de Cultura, Xuventudes Musicais de Madrid e de España. En 1994 gaña o Primeiro Premio no Concurso Permanente de Xuventudes Musicais de España.

Ona Cardona, clarinete

Ona Cardona é unha das clarinetistas máis recoñecidas da súa xeración. Galardoada en numerosas ocasións, as súas actuacións destacan pola paixón e frescura que transmite en diversos formatos de música de cámara e pola súa creativa personalidade cando se expresa como solista con orquestra. Invitada nos principais festivais internacionais, a súa versatilidade abarca un amplo repertorio dende a música clásica ata as estreas contemporáneas. Compaxina a súa carreira concertística coa docencia no Conservatorio Superior de Música de Aragón.