Concierto de Brentano String Quartet en Lugo

Fecha 17-01-2020
Hora 20:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Brentano String Quartet

  • Mark Steinberg (violín)
  • Serena Canin (violín)
  • Misha Amory (viola)
  • Nina Lee (violonchelo)

Beethoven 2020 (250 aniversario)

Programa:

  • W. A. Mozart: Cuarteto de corda nº 18 en la maior, K464
  • L.v. Beethoven: Cuarteto de corda nº 5 en la maior, Op. 18 nº 5
  • L.V. Beethoven: Cuartetos de corda nº 12 en ni bemol maior, Op. 127

Brentano String Quartet

Dende a súa fundación en 1992, o Cuarteto de Corda Brentano destacou pola súa brillantez técnica, o seu coñecemento musical e a súa elegancia estilística. No período dun ano conseguiu tres grandes premios, o de Cleveland, o Naumburg Chamber Music Award e o Premio Anual Martin E. Segal. Cuarteto residente da Universidade de Nova York dende 1995, en 1999 foi nomeado tamén residente da Universidade de Princeton.

En tempadas pasadas actuaron con grande éxito no Carnegie Hall, Wigmore Hall, Barbican Centre de Londres, Concertgebouw en Ámsterdan, Konzerthaus de Viena e Berlín, Stuttgart Liederhalle, Suntory Hall de Tokio, Sydney Opera House, así como en Colonia, Hamburgo, Basilea, Xenebra, Madrid ou Copenhague e nos máis prestixiosos festivais, como Edimburgo, Bath, De Divonne, Kuhmo ou Salzburgo.

Adoitaron colaborar con compositores como Elliot Carter e György Kurtág, e adoitan interpretar obras por encargo de Milton Babbitt, Chou Wen-Chung, Charles Wuorinen, Bruce Adolphe, Steven Mackey e Jonathan Dawe. Manteñen unha estreita relación artística coa pianista Mitsuko Uchida, coa que aparecen regularmente en Estados Unidos de América, Europa e Xapón.

Dende 2009 actuaron en España no Auditorio Nacional de Madrid, Sociedad Filarmónica de Valencia, Sociedad Filarmónica de Bilbao, Auditori de Barcelona e no Palacio Real de Madrid, utilizando neste último concerto os Stradivarius da colección palatina. O Brentano foi o conxunto encargado de interpretar en 2013 a banda sonora da película de Yaron Ziberman El último concierto, protagonizada por Philip Seymour Hoffmann e Christopher Walken.

Dende 2014, o Brentano String Quartet é o novo cuarteto residente na Yale School of Music, sucedendo ao mítico Cuarteto de Corda de Tokio.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×