Campeonato de España de Boxeo 2016, en Lugo

Fecha 12-03-2016
Hora 22:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Campeonato-de-Espana-de-Boxeo-2016

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o boxeador profesional lucense Alberto Piñeiro “O Piña” e o seu entrenador Miki Sánchez, presentaron este martes no Salón de Plenos o Campioanto de España de Boxeo de peso super medio, que acollerá o Pavillón Municipal dos Deportes o vindeiro 12 de marzo. “Enmárcase no noso compromiso co deporte, en todas as modalidades e para todas as idades, o que constitúe unha aposta fundamental para facer cidadanía”, subliñou o edil.

No acto de presentación, Fernández resaltou a importancia de traer un espectáculo de boxeo a Lugo, “o que permitirá aos amantes deste deporte poder gozar dun encontro de primeiro nivel e servirá ademais para impulsar a nosa cidade e o seu patrimonio”. Neste senso, o Concelleiro puxo en valor as infraestruturas deportivas coas que conta Lugo. “Grazas á inversión en dotacións deportivas, avanzamos no apoio ao deporte de base como o que vimos realizando nos últimos anos da cidade, un esforzo co que continuaremos para que os lucenses gocen do mellor do deporte en Lugo”, anunciou o edil, quen destacou o aumento do interese polo deporte do boxeo na cidade como consecuencia de boxeadores como “O Piña”, a quen lle desexou o mellor para o campionato, que están a traballar e que permiten ver competicións de boxeo en Lugo como na época dos 90.

Pola súa banda, Piñeiro, quen se mostrou convencido de que o seu traballo e o seu sacrifio dará os seus froitos, agradeceu a colaboración prestada polo Concello para celebrar este campionato. Neste senso, convidou a todos os lucenses e amantes do boxeo a asistir a este espectáculo, no que Piñeiro pretende facer historia.

Lugo vs Asturias
O lucense Alberto Piñeiro “O Piña” aspirará a gañar o título nacional de boxeo ante o defensor do mesmo, o asturiano Manuel “Punky” Iglesias nunha cita rodeado polo seu público e baixo o lema Un dos nosos. O combate, dunha duración de 10 asaltos, arrancará ás 22:30 horas. As entradas poden mercarse a partir do venres, no Restaurante España e na tenda oficial do CD Lugo por un prezo entre 10 e 15 euros.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×