Campamento Infantil de Trabada

Fecha 12-07-2017 a 31-08-2017
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Campamento Infantil de Trabada

25 nenos participan no Campamento infantil de Trabada que financia o Goberno Deputación

Xogos educativos e musicais, de interpretación, artísticos ou experimentais son só algunhas das actividades nas que participarán os nenos ata o 31 de agosto

A Deputada explicou que “este completo programa de actividades culturais, que contribúe a conciliar a vida laboral e familiar dos veciños da vila, é unha oferta lúdica que esperta moito interese entre os máis pequenos do Concello”.

García Bermúdez subliñou que os nenos que participan nesta iniciativa “realizan xogos educativos e musicais, de interpretación, artísticos, experimentais e de educación en valores; e desenvólvense no Pavillón deportivo da vila”. Os rapaces, con idades entre os 3 e 12 anos, desfrutarán desta programación ata o 31 de agosto.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×