Café liberdade de Fernando Dacosta
Dirección: Fernando Dacosta
MARICASTAÑA. Aula de Teatro Universitaria de Ourense
Duración 85 min
SINOPSE
Nunha cidade pechada (por defunción), nun mundo onde homes e mulleres grises devoran a alegría, deixan a outros seres humanos sen recursos para poder vivir e acaban sen ningunha consideración o que poderían ser outros xeitos de entender a existencia, unha muller decide dar un paso adiante.
O Café Liberdade é a súa resposta a ese mundo do que non gusta. Un espazo único onde o importante son as persoas que o habitan. Persoas que foron entrando no café e foron coñecéndose ao son do piano, da batería, dos libros que a viaxeira puña a disposición de todo o mundo. Xogan ao xadrez baixo unha lámpada, bailan e dróganse. Un espazo que foi construíndose desde a acollida, desde a comprensión do xénero humano, desde a liberdade máis absoluta, desde as artes.
O Café Liberdade tratará de persistir nun mundo hostil con personaxes especiais, como somos cada un de nós, como unha oferta a outro mundo posible no medio da guerra voraz na que estamos inmersos.
Noite, música, amizade, loita, traizón, policía, marihuana, literatura, amor e desamor, construción nun mundo en destrución, son algunhas das temáticas desta montaxe.
Unha república libertaria nunha monarquía hereditaria.
ELENCO
Yu Estévez: Xilau
Daniel Vázquez: Lánedi
Marcos Vázquez: Móscar
Reyes Mangue: Serey
Noelia Rope: Eliona
Sandra Al Ca: Nadras
Vicky Docabo: Kivyc
Alicia Fraga: Cialai
Nuria Paz : Unari
Carmen Goyanes: Arima
Tania G. Vázquez: Anita
Ficha artística e técnica
LUZ, ATREZZO, TÉCNICOS EN XIRA: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño
VESTIARIO E COMPLEMENTOS: Tegra
DESEÑO MUSICAL: Renata Codda Fons
CARTEL E PROGRAMA: Pablo Otero
ESCENOGRAFÍA, ESCRITA E DIRECCIÓN: Fernando Dacosta