Noticias de Hoy
sanlucas
Fecha: 17/10/2018 a 21/10/2018
Horario: 01:00 a 01:00

As San Lucas de Mondoñedo

Xa foi presentado o programa das festas das San Lucas de Mondoñedo, que terá lugar do 17 ao 21 de outubro.

As festas comezarán o 17 de outubro ás 20:45 horas no Auditorio Pascual Veiga do Concello, onde terá lugar o pregón a cargo do reitor da USC, Antonio López. Un home moi vencellado a Mondoñedo onde estudou tanto no Seminario, como no Instituto San Rosendo. Previamente, xunto a todas as autoridades, realizarase unha homenaxe ao Mariscal Pardo de Cela no interior da Catedral. O cartel das feiras das San Lucas é obra do autor mindoniense Xosé Vizoso, no que o artista homenaxea ao expresionismo alemán. O extenso programa inclúe o concerto do grupo EXTRA o sábado na Praza da Catedral, e o domingo na Catedral de Mondoñedo concerto de Carlos Núñez, as entradas saen é venda este venres en ataquilla.com. A axenda conta ademais cunha homenaxe, o día 21, a Pascual Veiga por parte da Fundación Pondal. Haberá maxia, charangas así como encontros folclóricos, monólogos con Quico Cadaval ou teatro, entre outras moitas. Por último, a Asociación das San Lucas e o Colectivo Mondoñedo É... fará entrega da terceira edición do Premio Mondoñedo, na modalidade de teatro .

Doma nocturna
Unha das novidades desta edición é un espectáculo único de doma nocturna que se presenta por primeira vez en Galicia, a cargo de Javier Simón e Toño Serrano. A actuación contará con leds, equifire e alta escola de fantasía -reverencias, sentada, deitado-, e participarán oito cabalos. Ademais, haberá exhibición de doma en liberdade con Paco Martos. A danza e a coreografía correrán a cargo de Marta Larriba Adell e osmalabares e o fire effect virán da man de Jaime de Morla. A actuación será no día grande das feiras, o 18 de outubro ás 20:30 horas. Tamén se poderá ver un segundo pase o día 19, desta volta ás 21:30 horas.