PUBLICIDAD

Arde Lvcvs Cvltvral

Fecha 12-11-2020
Hora 20:00
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Vello Cárcere de Lugo.

A programación do Arde Lvcvs Cvltvral, que comezou o pasado mes de setembro con actividades adaptadas ao novo escenario provocado pola covid-19, e respectando as restricións sanitarias de cada momento, ofrecerá esta semana dúas conferencias no auditorio do Vello Cárcere. Concretamente, serán o xoves, 12 e o venres, 13 de novembro, ambas as dúas a partir das 20:00 horas.

Por unha banda, a conferencia do xoves 12, que realiza a área de Xuventude xunto á Cohors III Lucensium, e que posibilita traer ata o Vello Cárcere ao catedrático emérito e profesor investigador ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Rodríguez Colmenero; que falará sobre o faro romano de Birgantium Flavium e a súa relación coa ciade de Lucus Augusti.

E por outra, a charla do día 13, coa que Xuventude e a asociación Vestales Lucus Augusti, achegarán a Lugo unha reflexión sobre a reconstrución da música da Antiga Roma, da mán do musicólogo Martín Blanes.

A entrada é libre e o aforo estará limitado a 29 prazas cada conferencia que se cubrirán por orde de chegada.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×