Noticias de Hoy
345904_description_wXwLOKPQ
Fecha: 05/10/2018
Horario: 22:00 a 22:00

Representación da comedia The Primitals

Yllana e Primital Bros únense para abraiarnos cunha divertidísima comedia musical a capela.

Catro aborixes dun planeta que podería ser o noso, reclaman o escenario, dispostos a conquistar o público a gargalladas ou machadazos, pero sempre con música de mil xéneros que, como esponxas, van absorbendo nas súas viaxes polos confíns do espazo tempo.

The Primitals é a estraña e surrealista historia dunha tribo lixeiramente disfuncional, con loitas intestinas, soños de grandeza, desequilibrios mentais e farmacopea milenaria. Xamanismo a catro voces. Traxicomedia a capela.

Vangardismo ancestral. Todo isto e moito máis en THE PRIMITALS.

As entradas de mobilidade reducida, venderanse unicamente por teléfono  ou en taquilla a un prezo de 10 €.

Desconto especial para os membros de ESAD