Noticias de Hoy
os patoa surfean de noite
Fecha: 31/08/2017
Horario: 22:30 a 22:30

Os Patos surfean de noite en Nigrán

Os Patos surfean de noite en Nigrán 

O Concello de Nigrán pecha este xoves 31 de agosto a programación de verán coa gran festa “Os Patos Surfean de Noite”, actividade na que este ano asume por vez primeira a organización xunto á Federación Galega de Surf e Patos Surf e no que colabora Novalbos. Así, as táboas iluminadas con fluorescentes volverán un ano máis a tomar as ondas en Patos ás 23:45 horas nun evento que arrancará ás 21:30 horas co concerto do grupo nigranés San Rockers en pleno solpor.

“Dende o Concello de Nigrán consideramos que é unha actividade inmellorable para pechar o mes de agosto e despedir o verán. Une un dos deportes estrela no municipio co gran atractivo das nosas praias dando como resultado unha noite máxica”, resume o alcalde, Juan González.

Así, ao gran atractivo da exhibición de surf nocturno este ano hai que engadir a presenza de Dj Viktor Flores, quen foi residente de Vademecwum ata 2004 e seleccionado en 2003 como o único español participante ese ano na Red Bull Music Academy en Ciudad del Cabo (Sudáfrica). Este pinchará de 22:15 a 1:00 horas.

Ademais, os asistentes poderán gozar dun gran espectáculo de malabarismo con lume; da actuación de beat-box de Davbeat, presente no Marisquiño; ou dunha sesión de zumba nocturno con pinturas fluorescentes… Non faltará o clásico mercadiño surfeiro ou proxección de imaxes surfeiras, ademais, nesta edición os asistentes poderán animarse a competir no concurso dos mellores artefactos luminosos (se se pode meter no mar supón un punto extra, en xogo hai cheques-regalo de Novalbos de 80, 60 e 40 euros). Como novidade, as táboas de paddelboard con luminosos tamén se sumarán á festa facendo incluso unha ruta se o tempo o permite.

PROGRAMA

21:30h – 22:15h Actuación musical:
O grupo de música SAN ROCKERS amenizará a posta de sol, e con el darase a benvida á noite e a escuridade tan esperada por este evento.

22:15h – 22:45h Zumba nocturno:
O grupo do Val Miñor PLAZA FITNESS dará espectáculo de corpos bailando con pinturas fluorescentes, será o quecemento para as actividades nocturnas.

22:30h – 23:30h Paddelboard:
Os mozos de “SURF VIGO PADDELSURF” sacarán as súas táboas de remos con luces fluorescentes na escura noite do Val Miñor, se as condicións permíteno farán unha ruta con iluminación é as súas táboas pola praia de Patos.

22:45h – 23:15h Espectáculo de lume:
Foi unha das grandes atraccións en 2015, este ano ademais de cuspir lume pola boca, o artista da empresa “ENTRETENEMOS” tamén fará por espazo de 45 minutos malabares con lume.

23:15h – 23:30h Beat box:
Presente en O MARISQUIÑO, o músico DAVBEAT ten unha orquestra na boca.

22:15 – 1:00h DJ Viktor Flores:
Cando termine o grupo, a animación en forma de música correrá a cargo do DJ Viktor Flores, foi residente, co-programador e responsable de prensa do club Vademecwm ata 2004. En trece anos de carreira, pasou por diversos estilos da electrónica (House, Techno, etc). En 2003 foi seleccionado como o único español participante na edición dese ano da Red Bull Music Academy, que se celebrou en Cidade do Cabo – Sudáfrica.

23:15h – 23:45h Expresión sesión:
Se as ondas permíteno, e parece que si, os mellores surfeiros que deu a praia, farán unha mini competición sen regras nin ataduras, onde só gañará o que consiga realizar a manobra máis espectacular.

23:45h – 1:00h Exhibición de surf nocturno:
Os surfeiros da escola de Patos sairán ataviados con luces fluorescentes nas súas táboas e traxes e axudados duns potentes focos desde terra instalados pola empresa GAM, farán as delicias do público coa verdadeira alma da festa: O SURF.

Mercadillo surfeiro:
Tamén haberá carpas temáticas relacionadas co surf (Novalbos, Club Patos, táboas de surf Iron Mountain, Machete, Pistón etc.) e a noite (fluorescentes luminosos).

Cinema surfeiro:
Unha pantalla amenizará toda a noite con imaxes surfeiras, con películas como a historia do surf en Galicia, de viaxes Surfeiros e tamén do equipo de Patos Surf no seu periplo competitivo por Galicia e Portugal.

fondo