Noticias de Hoy
O fiandón
Fecha: 13/12/2020
Horario: 12:00 a 12:00

Teatro O Fiandón

Praza do Rei de Vigo.

O domingo, 13 de decembro ás 12.00 horas na Praza do Rei de Vigo, a compañía Teatro Aforo presentará a súa obra O Fiandón, unha representación para a familia.

O Fiandón é un ser, entre humano e arácnido, que canta, que conta, que xoga, que baila, que ri, que imaxina, que inventa, que crea e recrea mentres tece, no seu espazo, a súa rede de encantos con fíos de cores.

Así se xera un espectáculo variado, dinámico, entretido e moi divertido con suxestivas imaxes visuais que evocan espazos e personaxes fabulosos que nos levan a outros mundos nunca vividos.